-
Día gris
Mellor falar do tempo: día gris en Ribadeo o de onte, onde a néboa cortábase pola tarde ata parecer densa, o mesmo que sucede esta mañá… Onte Cristina Almeida nun acto para mulleres, hoxe a Ministra de Educación nun mítin (non nos centros escolares), veñen apoiar a ‘políticos locais’. Reflexiono por que veñen estes persoeiros,…
-
Quen promete máis? Promesa de zucre e lava máis branco.
Quen promete máis? En Ribadeo está difícil sabelo, pero coido que a UPRi, coas súas novas promesas diarias na prensa. Ó tempo, lémbrome do cartel de Castelao no que dous neniños se preguntan que comerá o Rei: a resposta, dubitativa, é que comerá zucre. O mesmo que nas promesas electorais, promesas de zucre, pensando que…
-
Un cuarto de hora de pleno
Ese foi o tempo que puiden asistir. O final dun total de 3/4. Dous puntos: aprobación da acta e rogos e preguntas. Naturalmente, cheguei só ó final do segundo. A entrada foi un pequeno choque: na parte de público non había ninguén. E, ademáis, faltaban JC Andina e Santiago (que chegaría pouco despois de min).…
-
Comeza a semana de reflexión
A menos dunha semana das eleccións, xa está a comezar a reflexión. Non é só o último día antes das votacións, senón que una volta expostos os programas, é hora de cavilar. Chama a atención que xunto cos programas se distribúa tamén o que se chama ‘contraprograma’, é dicir, a crítica dos demáis ou propia,…
-
Debate á vista en Ribadeo
Día o de hoxe abondo diferente, con choiva… Estánse a organizar algúns debates entre candidatos. Pois ben, a Voz de galicia pretende facer do de Ribadeo o debate final. Para min parece evidente de que é porque ten máis atractivo, como pon na noticia. Supoño que o tal debate será comedido, pois a tal altura…
-
Hoxe tocou mitin da UPRi en Ribadeo
Comezou o mitin da UPRi ás 21:30, tarde, pode que porque non estaba esperando a ningún xerifalte de partido e así contou que, por uha beira, podía ir máis xente, e por outra, terá cabida segura na prensa do domingo. Unha posta en escea sobria, como corresponde a un grupo pequeno, comezou coa actuación da…
-
Pero home, como pretende ter razón con só 800€ na súa conta corrente?
Era o ‘chiste’ de Forges en El País, p.16, do día 11. E dicíallo un home opulento sentado nun grande sillón a outro diminuído sentado nun sillón tamén diminuído respecto do anterior. Estamos en eleccións. E a situación debera cambiarse precisamente a trverso destes actos electorais. Pero parece ser que non chega. Por certo,onte decateime…
-
17 de maio, día das letras galegas adicado a María Mariño
O día das letras en Ribadeo dende hai anos ten xa un persoeiro na sombra da adicación, Hernán Naval. Nembargantes, polo paso do tempo, non é de estranar que esteña cada volta máis ausente das novas diarias deste día, e máis en época de eleccións. Día no que por outra parte, a súa adicatoria a…
-
Dicía Azaña… unha lembranza para tempos de eleccións
Pois eso, atopei nun artigo de Caballero Bonald (‘Reclamar la libertad’, pero ai! necesítase ser de pago para velo agora en liña…) varias citas, unha delas de Azaña: “A liberdade non fai felices ós homes; fáinos sinxelamente homes.” porque é un atributo de humanidade. Non sei moi ben como casar unhas verbas que me lembraron…
-
Un aviso de Ribadeo Historia
en ‘Ribadeo historia‘ xa só queda por poñer o programa do PP(e mellorar a visibilidade dalgunahs páxinas do PSOE)… a ver cando me chega.