Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.312 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • … e o pobo dixo: ‘pactade polo ben de todos’

    Entre o título e ‘ollos que non ven, corazón que non sinte’ está a cousa. Explícome. Unha vez comezada a segunda semana despois das eleccións, ó non obter ningún partido a maioría, parecería claro que hai que pactar, e un ‘por suposto’ adxetivando o pacto como claro, transparente e como corolario, en ben da cidadanía…

  • Un calmado domingo post electoral en Ribadeo

    Calma relativa. Parece que os partidos conformáronse ben cos concellais de cada un e non se oen que un saíu máis favorecido que o outro. Completando os artigos (1), (2) e (3) sobre os resultados electorais en Ribadeo, cabe dicir que a orde de verse favorecidos dividindo a cota de poder (número de concellais) entre…

  • Máis sobre eleccións municipais en Ribadeo

    Despois dos artigos sobre resultados (II) e (I), adxunto poño: a) táboas con datos electorais (2007 e 2003) por mesas. Son datos non oficiais (pode que teñan algunha pequena variación) b) gráfica datos electorais 2007, con datos das táboas e mesmo orde de mesas c) gráfica datos electorais 2003, con datos das táboas e mesmo…

  • Agora si, xornada de reflexión

    Onte foi unha xornada truncada. Un accidente mortal para os tres triplantes dunha lancha de pesca burelesa á beira da illa Pancha determinou que os resultados electorais tiveran que esperar para ser comentados: primeiro, a vida; logo, o comentario sobre ela. A victoria do BNG en Ribadeo contrasta co mantemento da porcentaxe pero con caída…

  • Resultados eleccións municipais 2007 en Ribadeo (II)

    Como complemento á entrada anterior, A orde de consecución de concelleiros foi: 1BNG 2PP 3PSOE 4BNG 5PP 6UPRi 7PSOE 8BNG 9PP 10PSOE 11BNG 12PP 13UPRi

  • Resultados eleccións municipais 2007 en Ribadeo

    Son provisionais, pero… votos obtidos %sobre censo %sobre votos %sobre votos a partidos 1ºcon 2ºcon 3ºcon 4ºcon (5ºcon) BNG 1927 21,22 30,53 31,23 1927 963,50 642,33 481,55 385,40 PP 1815 19,99 28,75 29,41 1815 907,50 605,00 453,75 363,00 PSOE 1530 16,85 24,24 24,79 1530 765,00 510,00 382,50 UPRi 899 9,90 14,24 14,57 899 449,50 299,67…

  • Patiño feo ou cisne branco?

    Hai veces que a historia recolle casos de patos feos, que non ían coas circunstancias, para descobrir que noutras circunstancias, tiñan moita máis valía. As eleccións están correndo, e pode pasar ‘case’ de todo. De calquera xeito, non está de máis lembrar que non se poden facer abstraccións e vivir deso. A máis dun ano…

  • Encontro 1+1 ‘versus’ 1+1 en Ribadeo: reflexión para un día antes das eleccións.

    Adiantei un resume sobre o debate de anoite a catro bandas entre os candidatos á alcaldía. Na realidade, de ben disposto que estaba para evitar enfrontamentos (que coido que se evitaron por pouco noutro sitio anterior na Mariña), o reparto de tempos fixo que houbera moita exposición e non tanto debate, co que os ánimos…

  • Un adianto sobre o debate mantido en Ribadeo

    Nada novo, pero si algunha curiosidade: ese podería ser o resume do debate promovido pola Voz no auditorio Hernán Naval hoxe, coa vista posta no concello neste final de campaña. Mañá, máis.

  • Aquí teneis a un amigo

    Onte foi o mitin do PSOE, con ministra incluída. Aínda que quedaba xente nos bares, a xuntanza, con tanta atracción, estivo moi concorrida, e puido permitirse aínda o comezar con retraso. Mentras que se espera o único (case) momento de competencia directa entre os candidatos, hoxe no auditorio Hernán Naval ás 20:30, para rematar a…