Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.312 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • De hobby, alcalde

    Esa parece ser a situación de Fernando Suárez polo momento, de aficción, alcalde. Non entro na situación, dimes e diretes que andan estes días por ribadeo, nin na dureza como negociador de Fernando Suárez, que din que si é duro. Pero a situación polo momento en Ribadeo é esa: alcalde por hobby. Outras novas? No…

  • Canto debe cobrar un alcalde?

    O tema preséntase complicado. Despois do pleno de onte, eu votaría para que os políticos deixaran de meterse zancadillas e definiran un criterio adecuado. Non é comprensible que por pataleta se diga que votarían máis soldo pero ó final non acepten o menos. Parece que a referencia ó soldo cobrado anteriormente non estaría mal, pero…

  • Sobre criterios

    Magnífica posta de Sol na faro da illa Pancha este 27 de xuño. Non sei que fixo cada un dos concellais despois do pleno, pero pode que non fora mala idea ir vela xuntos (cousa que a ben seguro non fixeron) O pleno extraordinario de hoxe, sen o apartado de rogos e preguntas que tanto…

  • O pobo decidiu…

    … pero, quen goberna Ribadeo? Hai pleno para configurar o equipo de goberno, o soldo do alcalde… e teño a sensación de que o período que comeza ode ser moi duro non śo para o alcalde e grupo BNG, senón para todo Ribadeo. Non son o único que opina así. Pouco a pouco hase ir…

  • A corporación Municipal, en Ribadeo historia

    Aquí quedará a lsita de concelleiros e cargos para este período no concello de Ribadeo. Como sempre en Ribadeo historia, vai sen comentarios.

  • Latexos do mundo

    Deixo a convocatoria dun pleno para mércores para a constitución do goberno e asignación de soldo ó alcalde e cartos para os partidos para tentar facer un resume dunha conferencia a dúas voces que tivo lugar onte en Lugo. Refírome á correspondente ó ciclo ‘Latexos do mundo’, impartida por Ignacio Ramonet e Ramón Chao sobre…

  • A solución témola todos porque todos somos parte do problema

    Non, a frase non ía dirixida a Ribadeo (aínda que poda empregarse como anel ó dedo) senón ó medio ambiente. Está referida a que pola mera existencia, todos interferimos no medio ambiente, e polo tanto, todos estamos xa implicados para poder colaborar na solución. Claro, uns máis que outros por que non é o mesmo…

  • 101 días despois en Ribadeo: 24 S

    Fálase moitas veces (ben é certo que máis en relación á presidencia de goberno e non tanto ós concellos) de 100 días de graza para os novos gobernantes. Sumando, sae o 24 de setembro como o día no que xa se comezaría a esixir despois dun período de ‘permisividade’ para os gobernantes. ‘Permisividade’ que e…

  • Xerfa

    Xerfa é a escume que molla nas rompentes e o nome da revista da que se presentou onte a 16ª edición. Dicía na entrada anterior que me gustara. Na súa portada aparece relacionada unha serie de webs, e a parte da do mesmo IES, nas únicas que aparecen na portada nas que sae relacionado o…

  • Comezou a nova etapa

    … no consistorio ribadense. Non se presenta unha etapa doada. Se ó comezo das negociacións eran outras as cousas a atender, agora van polo mesmo mantemento de forzas no equipo de goberno nun mandato que pode resultar extremadamente longo. Despois de non apoiar ó BNG o sábado (o PSOE), pode pasar calquera cousa, como que…