-
Verbas e obras
Chamáronme a atención as verbas do alcalde que foron publicadas onte nunha separata con motivo da declaración de reserva da biosfera: ‘Non é unha meta de chegada, é un punto de aprtida para o noso concello, o de Ribadeo, que aporta a maior porcentaxe de poboación de todos os municipios. Fumos recoñecidos por un territorio…
-
O pan e a vivenda
Guerra de prezos. Ese é un titular de hoxe. O artigo básico de alimentación ten prezo variable en cada establecemento. O que non sei é se as normas sobre peso (cantidade) e especificacións (calidade) seguen a ser comúns. Básico para alimentarse, pode ser tamén base da picaresca. Deso, da picaresca, non trata nada o xornal,…
-
Pancho Maseda
Morreu Pancho Maseda. Para min, ,a nova máis importante de onte en Ribadeo porque significa pasar unha folla da historia, se considere como se considere ó persoeiro e á persoa. Como dixen onte na radio, pouco o coñecía a pesar de ter mantido aínda algunha charla de tipo filosófico-medioambiental algunha vez que pasei pagar…
-
Así llas poñían a Fernando VII
Foi a anécdota básica coa que me quedei do pleno municipal de onte. Unha corrección que marcou o comezo de resposta do alcalde, Fernando tamén, a unha intervención de Paco Rivas que rematou cun ‘así llas poñían a Felipe II’. O pleno, sen moita trascendencia, extraordinario, tivo puntos sen moita discusión. O segundo, a aprobación…
-
Cambio de estilo
“Varios dos grandes problemas que hoxe afrontamos serán imposibles de resolver mentras os políticos non poidan, dun ou outro xeito, convencer á xente para que cambie os seus hábitos de vida”. A cita pertence a Anthony Hiddens, o luns no El País. O tema, a contaminación ambiental e os problemas derivados, entre eles o cambio…
-
Outra embestida
Onte, na tertulia de Onda Cero, tratouse de dous temas: o teatral encontro no medio da ría da entrada de onte e o novo intento de legalización de edificios ilegais por parte de PSOE e UPRi (hoxe na prensa a mans do alcalde). Neste tema quedeime sen tempo para explicar e defender o mesmo que…
-
Novidade?
… Xa non e novidade querer legalizar edificios, como propoñen PSOE e UPRi… e dicir, seguimos co mesmo, pero tiña que haber algun movemento do PSOE ante a visita de Touriño e logo da furgoneta traida daquela maneira.
-
Perdínme algo
Esta visto: perdínme algo. Resulta que aprece haber unha proposta para retirar o nome da Praza de Pancho Maseda (a carón do Concello), ó que Andina e o PP opóñense… A Lei da Memoria vai facilitar cousas destas, incluído claro está o monolito do parque. Hai pouco relativamente que se lle sacou o escudo á…
-
Coido que non puxen nunca, e, se o puxen, non ven mal repetilo:
Para comezar a semana, dúas citas na liña do blog, pero abondo anteriores a el (1921). ‘Ya no va siendo negocio ser súbditos incondicionales de un estado que nos niega todo’. Frase atribuída a Joaquín Costa por Lois Peña Novo no seu libro ‘La mancomunidad gallega’. Básicamente, trátase de exercer a cidadanía para facer efectivos…
-
Un punto de apoio máis
Ribadeo, dende hai moito, ten fóra puntos de apoio nas isntitucións a niveis diversos. Un novo viu sumarse esta semana, pois o concellal de deportes Ribadense vai a asesorar á deputación no mesmo tema, sen deixar Ribadeo. O lóxico sería pensar na ‘sinerxia’ entre ambos postos. Como segunda, o segundo ouro de Ana Ferradás nos…