Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

0 posts
26 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Aleluia!

    As expresións de xúbilo son contaxiosas. Iso espero que pase ista volta. Non coa cabeceira da entrada, senón coa súa causa: resulta que se poñen a investigar o como está a acción humana diminuíndo a riqueza das rías. Pode que se diga, como outras veces, que para iso non fan falta moitas alforxas, pero o…

  • O custe dos dereitos

    O título ven dun artigo que lino outro día: os dereitos non son gratis, para exercelos hai que dispoñer de ánimo, mantelos en bo uso, como calquera instalación que queres que non te falle, e iso representa tamén un coidado, unha preocupación e unha inversión. Xa espuxen moitas veces que dereito que non se usa,…

  • Temos que chamarlles cousiñas ou teñen máis entidade?

    Parece que o PXOM xa está listo para sentencia. É dicir, para votación preliminar. Se non lembro mal, despois ven a viaxe a Santiago para o visto bó, e logo, volta para aquí. Se todo foi ben en Santiago, un mes para alegacións dos veciños e aprobación definitiva. A cousa é algo máis que unha…

  • Peón de facenda, revolucionario, tendeiro, funcionario

    Así reza unha canción mexicana co recorrido laboral dunha familia: o pai, peón nunha facenda; o cantador, revolucionario; os fillos puxeron tenda, o neto, funcionario. Hai que entender que funcionario é de acordo coa imposición do poder. Remato de lembrar o corrido mexicano por dúas razóns sen moita relación entre sí e con pouca en…

  • Unha ligzón

    Remato de velo en internet. A Enrique Dans, entre outras cousas bloguero en particular de temas tecnolóxicos, pásolle normalmente o filtro: hai abondas cousas nas que non coincido con el. Pero esta volta, poño a ligazón do seu último post, sobre política. Bo proveito.

  • Comparacións

    Nestes días de campaña as preocupacións normais tenden a esquecerse porque queren que nos preocupemos doutras ‘anormais’, máis lonxanas, ou menos determinantes, ou sinxelamente, cara ás que nos queren levar porque controlan mías, por exemplo. Mentras, onte nun mesmo periódico, a Voz, saíron novas de degradación do mar, degradación dos ríos e degradación das augas…

  • Naderías

    Hoxe vexo na prensa unha pequena nova que vai no mesmo sentido do que levo escrito varias veces. di que a este paso, a capital mariñán será Oviedo, pois a autovía cara aló leva e de aló ven… Levo pedindo Policía Local con horario ampliado longo tempo: aínda onte vin un anuncio de festa nouturna…

  • Eu crin que só eran dous partidos! (Unha pequena reflexión)

    O título corresponde á expresión dun pre-adolescente veciño de Ribadeo ó chegarlle á casa familiar propaganda eleitoral, a ‘sábana’ que envían de propaganda para a Senado, na que teñen que figurar todos os partidos. Pois si, neniño, non só son dous partidos, senón toda esa ristra que ves. Hai os dous coñecidos, está o BNG,…

  • Deixando por un momento a campaña

    Onte vin parte da confrontacion televisiva entre os dous príncipes dos partidos maioritarios. Coido que Zapatero levoulle a ventaxa lixeiramente a Rajoy, se ben non andiveron finos ningún dos dous en moitos momentos, con meteduras de pata como a de Zapatero co canon ou as repeticións de Rajoy co terrorismo (que secundou en parte Zapatero).…

  • Vivimos a perda de decencia de parte da élite do país

    O título, collido dunha nova de El País de onte corresponde a algo dito por un ministro e indicaría unha candidez extraordinaria. O caso é qee non está dito en España, senón en Alemania, a conta do escándalo dos ricos que reseñei o outro día. Aquí a cousa é outra: eleccións. Así, onte, na COPE,…