-
Pleno no Concello de Ribadeo
14/07/2008, 20:00h Todos os concelleiros presentes. No punto 2º tratouse da revisión de diversas facturas, habendo preguntas polos 750€ de custe de envío do boletín ‘ribadeo Muller’, os 6175€ de reproducción de Ribadeo virtual (do que se parou a publicación de vistas virtuais na prensa por queixas da oposición, se mal non lembro, e que…
-
De políticos e veciños
Comecemos polos veciños: O Tesón celebra hoxe a súa Asamblea anual extraordinaria: E os alcaldes da Reserva da Biosfera celebraron onte unha xuntanza. Na foto da Voz de Galicia véseos cos dous conselleiros dispostos a gastarse o millón de euros que din que van a ter que gastar antes de fin de ano: para eso…
-
Fíxome hoxe nunha nova de tódolos días
… ao menos en Ribadeo. Un anuncio de rebaixas nos prezos das copas correspondentes. Nada novo ata aquí. O novo comeza agora: resulta que a un local lle queren meter unha multa por facelo (Sanidade, Lugo, non o concello, noooon!, e iso que necesita recaudación). Boa novidade. Non me refiro pola multa, non. Se…
-
Duro
Non fun, pero recibín a nova por dúas beiras ben diversas. A conclusión sería algo así como ‘temos un alcalde que non se merece o pobo que lle tocou en sorte’. Evidentemente, política obriga, el non o pode dicir. Eu, sen responsabilidades políticas, si. O por que: Onte, acto de explicación dun ano de xestión…
-
Vota por Europa, vota non
A vida secreta das palabras é unha película que ó primeiro, impactoume polo título. Non quero dicir que a película en si desmereza, senón que foi o primeiro que souben dela, o título. O caso é que onte, misturado co referendo irlandés sobre o tratado de Europa, lembreina (mellor, lembrei o título) e decidín incluíla…
-
Sobre os estilos na política
Á veces, é doado comparar estilos de facer as cousas usados polos políticos. A prensa, este fin de semana pasado, con motivo do congreso do PP, fartounos de ‘estratexia’. Non me refiro a iso. Aquí, en Ribadeo ou na viciñanza, entre a semana pasada e ista, sucederon/sucederán varias cousas que poden servir de mostra. Collo…
-
Entre o Santo Antonio e o San Xoán
Despois de deixar un novo documento en Ribadeo historia, a Declaración de impacto ambiental do polígono industrial de Ribadeo (xerada en tan lonxana data como 2005), fíxome en que xa pasou o San Antonio, cos avisadores foguetes de Vilaselán, e que está a chegar o san Xoán, coas fogueiras. No medio, hoxe, día 16, hai…
-
Pescadores, transportistas, cidadáns
A poucos días do comezo da folga da pesca e manifestación correspondente en Madrid, coa folga do transporte ás costas, cabe preguntar e lembrar. Lembrar que non é a primeira volta que pasa que o encarecemento do petróleo fai subir os prezos de xeito repentino, ‘inesperado’ e forte. Lembrar que todos vemos, aínda que parece…
-
Noticia de entradas en Ribadeo Historia
En Ribadeo Historia, despois de deixar a entrada referente a Marquesado, Luto oficial e Orde de Carlos III para Leopoldo Calvo Sotelo, onde se nome no BOE á ría de Ribadeo, deixei hoxe a Acta do Pleno do Concello de Ribadeo de 13 de setembro de 2004, na que se da aprobación unánime á…
-
Ribadeo, que pequeno es
A prensa hoxe lémbrame a Hernán: a banda de Burela non tocará mañá na procesión por propia decisión. Un paso que Hernán non chegou a dar, pero que si tratou de minimizar, ese de dar paseillos procesionais (xa non digamos dos pasarúas). De calqera xeito, a súa postura abriu o camiño a que agora…