Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

0 posts
26 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Inflacción. Unha de cal e outra de area, ou eran dúas?

    De cando en vez hai novas moi curiosas. Aquí, unha delas que manifesta claramente a intervención humana no clima, mesmo de xeito accidental e pasaxeiro. Outras novas ou artigos non son tan curiosas nin estranos: “Y, al menos, una visión optimista del mundo nos debería permitir pensar que los electores acaban valorando también a políticos…

  • Diversas novas e un comentario

        Mentras Adeac retirou de xeito temporal a bandeira azul do porto deportivo de Ribadeo a raíz dun acto vandálico (case sempre, nalgún momento, os feitos dependen non das cousas, senón das persoas) e a prensa que eu saiba non volveu dar noticia da súa reposición, mentras a travesía de Augas Santas a Ribadeo en…

  • Preguntando a Portos sobre Ribadeo

        Procurando información para enviar documentación no tema da nave do porto, atópome esta páxina. E pregúntome: por que non está o DOG correspondente á nave de Mirasol, cando é relativamente parello ó de Baiona de xuño de 2007?     Aproveito para deixar un modelo de folla de sinaturas, clicando sobre el pódese ver a…

  • Máis sobre a nave no porto

    A conta dalgunha petición que recibín e xa que hoxe ven por Ribadeo o Presidente de Portos de Galicia, aquí queda algunha precisión, tendo como base o que xa escribira en maio sobre a visita pasada: Características da nave que se pretende construír en Mirasol. (Enténdese que os datos postos a continuación son variables no…

  • Unha ligazón moi interesante

    É un post sobre a nave en Mirasol. Coido que non ten desperdicio para quen quera meterse algo en profundiade no tema. Aconsello encarecidamente a súa lectura.

  • A actualidade

    Onte comecei o novo blog sobre notas de prensa do concello de Ribadeo, para distinguir entre opinión, documentación, e información de única fonte. Hoxe vexo como trata a prensa a mesma nova e coido que non é mala idea separar as cousas como xa está feito, aínda que cada unha teña menos tráfico. Ribadeo parece…

  • Contrastes de cidade e campo

    As fotos amosan dúas paisaxes que comezan no campo. Unha, da zona dos Galos, no final da zona urbana contínua de Ribadeo. a outra, un dos núcleos de piñeira. Un pequeno contraste á espera do PXOM. Despois do contraste, o esperpento. Haberá quen diga aquelo de ‘teatro, puro teatro’ ó referirse á reclaqmación de 12.000…

  • Notas de prensa do concello 20080716

    O CONCELLO DE RIBADEO EDITA 15.000 EXEMPLARES DUN NOVO FOLLETO TURÍSTICO QUE XA ESTÁ A REPARTIR POLOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DA ZONA. Ribadeo, 16 de xullo de 2008. O Concello de Ribadeo ven de editar 15.000 exemplares dun novo folleto turístico que xa está a repartir polos establecementos hostaleiros da zona. O alcalde, Fernando Suárez, destaca…

  • Notas de prensa do concello

    Como non costa moito cargalas, e por fin mas envían, aí van varias notas de prensa do concello: HOXE COMENZAN OS TRABALLOS DE PINTADO DOS PASOS DE PEÓNS EN RIBADEO. Ribadeo, 14 de xullo de 2008. Hoxe comenzan os traballos de pintado dos pasos de peóns en Ribadeo, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando…

  • Feísmo?

    Quen dí feísmo? se nos habituamos a ver de contínuo cousas feas, seremos inmunes, sería como se pouo a pouco esas cousas pasaran a ser normales, non feas. Aínda nalgús casos, guapas, belas. Algo deso está xa a pasar na actualidade en zonas de Galicia, e veremos o que se fala esta tarde nas xornadas…