Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Charla coloquio

    Estaba anunciado como charla coloquio, pero foi un mítin. quizais non queda bonito chamalo polo seu nome na precampaña, pero… os que esperabamos que houbera algo de coloquio saímos preguntándonos porque non o houbo. E, unhas cousas levan a outras, aínda que o BNG comezou o acto vinte minutas tarde, tampouco ninguén dixo nada do…

  • Os 170 da fama

    Anuncian que aínda seguen 170 familias sen luz. E vai para unha semana. No mesmo xornal, Begasa anuncia roubo de gasoil dos xeradores. Mentras unha nova fala de resistencia á vella usanza e ineficiencia nas empresas, a outra inclúe a picaresca de sempre, mentras avisan de novos ventos. Anuncio que en Ribadeo non se ve…

  • Plan anticrise

    Por aquí sábese dos fondos do plan anticrise “de Zapatero” polas novas de prensa que van saíndo e aclarando se no rural ou no pobo se van facendo cousas; hoxe na prensa sae que en Mondoñedo a resolución vai ir a pleno. Coido que non representa moita mellora na difusión e no contar cos viciños…

  • Continuamos

    … quedabamos na anterior entrada no pleno do luns pasado, no punto correspondente ó Grupo de Acción Costeira. Resulta que, despois de estar coleando o tema por asociacións diversas (chegou información/propaganda por exemplo á A.C. Xerfa de Ribadeo) ó longo de todo o trimestre pasado, introdúcese o punto con urxencia. A cuestión era básicamente o…

  • Continuamos?

    O temporal pasou. Os destrozos quedan aínda por moitos lugares (á beira, o tellado de AROMAR caído). As queixas, tamén. Que se pode mellorar a resposta, evidente. Que non estabamos preparados, tamén. Que hai un século os destrozos terían sido vistos doutro xeito totalmente diferente, tamén, tanto pola importancia relativa que terían como pola capacidade…

  • Despois do temporal

    Visto as novas de prensa, a situación non é mi boa. E, despois de ver os destrozos polo temporal, a xente comeza a ver outras cosas como a tardanza en restablecer a corrente eléctrica. Para comezar a semana deixo a ligazón a un artigo sobre reclamacións a compañías de servizos, que soe ser un suplicio,…

  • Don Antonio Raimundo

        Este ano 2009, a parte de ser o ano internacional da Astronomía e a adicación da ONU ó gorila, tamén é o ano commemorativo do bicentenario do pasamento de Antonio Raimundo Ibáñez, Marqués de Sargadelos. A primeira xuntanza de coordinación entre os concellos afectados tivo lugar onte nos Oscos. Os resultados parecen ser polo…

  • Granizada

        Hoxe, coas novas, quizais a cousa cambie, pero onte o que máis deu que falar foi a granizada caída a mediodía, que daba lugar aínda cousa de catro horas despois a esceas como a da foto, e no momento a que algunha xente poidera xogar coa neve, como nas imaxes cedidas por Raúl e…

  • De obama a Ribadeo

    Coido que unha pequena nova sobre Obama pode dar unha imaxe do que se esperaba da páxina web do concello ribadense e … seguiremos a esperar.

  • 20 de xaneiro, despois da representación, antes da representación

    Hoxe, 20 de xaneiro, toma o mando Obama nos EEUU. Haberá representación en Washington retransmitida mundialmente. Máis reducido, hoxe é a votación para o clube náutico. Onte, en Ribadeo, tamén houbo representación. Non foi retransmitida, pero a sáde plenos estivo chea. A representación chamouse ‘pleno’. Non houbo novidades no pleno de onte, e si moita…