Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.472 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: paz

  • Paz!

    Un novo domingo, unha nova concentración pola paz. E manifestación. Dende onde se fai sempre, o cantón dos Moreno. E remate no mesmo lugar. Achegando Palestina a Ribadeo, achegando ós palestinos á xente, todos persoas.

  • Palestina segue a chamar a nosa atención

    Pola paz, o domingo ás 12:30 no Cantón, en Ribadeo. Non ó xenocidio. Nón ás guerras. Construamos a paz.

  • A paz, vista dende Ribadeo

    Hoxe, no medio da gallaroufa en Ribadeo pola Xira de Santa cruz, tivo lugar a xuntanza semanal pola paz. Media centea de persoas nas escaleiras do concello pedindo a paz, dicindo que se está a producir un xenocidio en Gaza, reclamando accións, difundindo as atrocidades… Falamos Suso Fernández, Evaristo Lombardero, eu, Nana Monteñes e Pepe…

  • Contra o xenocidio. Únete!

    Pode que nós quedemos sen palabras contra o xenocidio, pero mentres, os xenocidas matan e os palestinos, son aniquilados. A concentración dos domingos en Ribadeo comezou pola paz, contra as guerras, coa invasión da Ucraína. Hoxe, sen esquecer as guerras ó longo do mundo, concentrámonos sabendo que debemos centrarnos en Gaza, aínda que teñamos en…

  • A paz, cada vez máis necesaria.

    Mentres Israel masacra xente que só pretende comer algo, ben polas balas ben pola fame, Europa pretende algo como que alí non pasa nada anormal. Somos europeos, e sabemos que si está a pasar. Por iso tentamos facer algo pola paz. Para pedila. Para construíla. Presión. O que sabemos ou pensamos que podemos facer. Este…

  • Venteando a petición de paz

    Rematan de pasarme unha crónica sucinta da xuntanza de hoxe pola paz en Ribadeo (como todos os domintos, no Cantón, ás 12:30). Deixo a convocatoria arriba e varias fotos de Suso Fernández, a máis da intervención lida por Jesús Irigoyen, en baixo, e un pequeno vídeo de Suso. Con cousa de 50 persoas presentes, comezouse…

  • Confrontando Xenocidio e Indianos

    Hoxe tivo lugar en Ribadeo a concentración semanal pola paz. Perto de media centea de persoas desprazamos este ‘domingo de indianos’ o noso lugar de encontro ás escaleiras do concello, para non interferir cunha ‘escola de danza indiana’ na rúa diante do Cantón. Aínda así, cando comezou a música, veu un mandado para tentar que…

  • O 13 de xullo volverá a pedirse paz

    O cartel de Suso volve chamar á concentración no Cantón dos Moreno, este domingo decretado festa indiana. Co foco en Gaza, pola paz. Mentres, os mortos mandas nas verbas.

  • A paz non se ve, pero trabállase (II): As pedras de Gaza, de Eli Bouso

    Na entrada anterior, A paz non se ve, pero trabállase, e noutras aínda antes, dicía que había que traballar pola paz, construíla, aínda que non se vira o traballo de xeito inmediato: é un longo camiño. E hai moitos xeitos de facelo. Aquí deixo un particularmente expresivo, o vídeo de Eliseo García Bouso, Eli, e…

  • A paz non se ve, pero trabállase

    Hoxe, ás 12 e media da mañá en Ribadeo, no Cantón dos Moreno, tivo lugar unha nova concentración semanal pola paz. As verbas de Suso e Nana foron acompañadas pola música de Eli García Bouso que deixo ó final, e escoitadas por as máis de sesenta persoas que tentamos acubillarnos detrás dunhas casetas coa lenda…