-
Torres no clube náutico de Ribadeo
Hai xa longo tempo (máis de medio ano) que hai instaladas un par de torres con xeradores eólicos de eixe vertical na zona do club náutico, e mesmo téñome referido a eles en algunha ilustración do blog. Onte vin unha nova que volve sobre o tema, dicindo que pronto se terá os resultados do seu…
-
Previsión
Prognóstico ‘eleitoral’, de hoxe mesmo: Meteogalicia: de ceo despexado (agora) a alternancia de nubes e claros, e aumento das nubes cara á noite … Aemet: 30% de probabilidade de choiva pola tarde-noite … A lembrar que o índice de acertos non é ó 100%, pero achégase.
-
Debuxando coa choiva
Onte choveu. Abondo, ó solpor. Goyi Gómez tomou unhas fotos e pasoumas. As primeiras dan fe dunha luz especial, bonita, na zona da illa Pancha, nun momento de choiva máis lixeira. Pero as segundas són máis chamativas. A posta de Sol estaba naturalmente cara ó oeste: Vemos abaixo a ponte dos Santos nun momento de…
-
corrección da entrada de datos meteorolóxicos última
Teño a necesidade de poñer a nova dunha corrección sobre datos meteorolóxicos, debido a unha lamentable equivocación de rutina de tratamento de datos na última entrada de meteoroloxía. A nova está ademais, ampliada con máis gráficas: http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html
-
Rematou o verán: verdade climatolóxica
Recoñecemento de erro. Deixo a entrada de abaixo tal como foi posta en principio, mais hoxe, día 2 de outubro, remato de descubrir un erro que me levou a que os datos e as gráficas de choiva (non as de temperaturas) esteñan mal. A entrada está refeita en http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html. — — Ligo unha entrada de…
-
O ceo de Ribadeo: de Ribadeo, ó ceo …
Unha tarde espléndida, con nubes sobor de Ribadeo, onte á tardiña, con fotos collidas entre a r/San Miguel e o cargadoiro. Unha mostra:
-
Cambio climático aplicado a Ribadeo: temperaturas do verán
Onte falei sobre o cambio climático aplicado a Ribadeo, a conta das medusas. E prometín datos. Noutro día con boa temperatura para setembro, aquí vai unha tanda de datos da Pedro Murias elaborados; son correspondentes ós meses de xullo e agosto do que levamos de século (2001-2012). Na primeira gráfica está todo confuso: corresponde ás…
-
Cambio climático, aplicado a Ribadeo: praga de medusas
Unha nova nos xornais de hoxe xa non é tan nova, pois non é a primeira volta que ocorre: praga de medusas nas praias da zona, con varias notas do concello Ás veces,facémonos á idea de que vivimos nun mundo illado, ou todo o máis con counsas que contan ocorrendo nun perímetro limitado. Non obstante,…
-
Petra, cicloxénese explosiva
Petra non é un nome moi corrente por estas terras, e o de cicloxénese explosiva non se deu a coñecer ata hai poucos anos. Agora, as tormentas con algo de forza son chamadas co do ‘cicloxénese’ e asínaselles un nome, como na ‘Petra’. Tormenta ou cicloxénese, con nome o chamada Petra, onte/antonte fixo moito vento,…
-
A choiva escasa do que vai de ano
O que vai de ano trouxo choiva escasa en toda Galicia. Na zona de Ribadeo quizáis un pouco máis abondante que en xeral, pero aínda así escasa. Menos da metade, case a terceira parte, do ano que menos choveu da década anterior. Aí están os datos da estación que mantén a Pedro Murias do 1…