-
Un novo apunte sobre Ribadeo e o cambio climático
Hai pouco, menos dunha semana, que apuntei no blog que este ano vai camiño de ser o máis caloroso da historia lembrada en Ribadeo, e algo antes, que o cambio climático estaba a propiciar o aumento de días coas temperaturas máis altas. Volvo hoxe sobre o tema con novos datos, os que vai recollendo pouco…
-
Falando do tempo excepcional: o cambio climático segue a ser iso, cambio climático
Estamos tendo un tempo que diriamos excepcional. Indo ós rexistros, confírmase que é moi bo para a época, pero tampouco tan excepcional. Estes días pasados rematou nos xornais a nova de que este ano está sendo o de temperatura media máis elevada que se ten rexistrado. E a iso ía: tamén en Ribadeo. Collendo os…
-
Rematado o verán: a variación da temperie en Ribadeo
Este ano, o verán comeza aínda mañá, 23 de setembro, aínda que sexa ben cediño (2:29 UTC, isto é, ás 0:29 hora oficial, media hora escas despois do cambio de día), co que podemos considerar que aló foi, máis aínda coa chuvia que está a caer a estas horas en Ribadeo, xusto antes de comezar…
-
Pensamentos lixeiros para agosto: luz sobre Ribadeo (e temperatura!)
Mércores de calor. Tamén mércores de luz. As fotos, á tarde, sobre o parque dan testemuña. A gráfica de temperaturas dos últimos días dan tamén testemuña da temperatura. A máxima temperatura de onte, mércores: 30,23ºC ás 14:10 UTM (12:10 hora oficial). A outra punta de altura semellante, 30,06ºC á mesma hora o día 25:
-
Deliciosa mañá
Cantan os galos ó fondo mentres o sol sae tras dos tellados nun ceo de nubes altas, máis prometedoras de bo tempo que de cobertura branca nesta mañá calma. Con pouco máis de vintecatro horas de por medio, outra imaxe tomada con coidado, con certa distancia para non molestar, presenta asemade a tranquilidade salvaxe da…
-
Ánimo
Onte houbo un accidente en Ribadeo. O venres, a presentación na Casa das letras do libro ‘Pegadas na historia de Ribadeo’, que espero colgar pronto en internet des pois de ter o permiso do seu autor dende a presentación no IES de Ribadeo. Cousa máis ou menos normais nun lugar como Ribadeo. Falaba hai poucos…
-
Volta ‘o tempo’, pasado o Sol por riba do ecuador
Si, está prevista hoxe de novo unha alerta. A temperie de Ribadeo incluirá hoxe nivel amarelo, vento forte, chuvia, e uns 7 ºC. É dicir, primavera astronómica con inverno meteorolóxico parello a iso que levamos catro meses coñecendo. Mais o Sol xa se ve por riba do ecuador. Medímolo o pasado día 20 (equinoccio de…
-
Espectáculo en Rinlo (e perigo)
Onte Rinlo era un espectáculo. O Cantábrico en xeral. As ondas despellexaban a terra, voltaba a auga marrón ó mar despois de terse levantado moitos metros e golpeado, arrincando o substrato por riba da rocha e mesmo abrindo de desprazando a mesma rocha. Imaxes da auga chegando ó campo de fútbol en Tapia ou o…
-
Antes de despois da tormenta: comparando os cantís das illas
Comparemos as dúas fotos: A primeira, unha foto actual, cunha frecha sinalando a zona derruída. A segunda, unha foto do cartel que hai no acceso á praia, onde aínda se ve a disposición antes de que o temporal botara embaixo o arco… Ámbalas vistas, á túa disposición na praia de illas. Unha advertenza: os bloques…
-
a meteoroloxía de agora mesmo nas dúas estacións de Ribadeo
Chama a atención o vento (refacho superior a 100 km/h ás 5 da mañá hora oficial local) e a variación de presión nas últimas horas observada na estación metorolóxica do IES (gráficas, á dereita). A Pedro Murias (táboa, á esquerda) pinta unha situación algo máis tranquila, como é de esperar pola situación de ambas.