Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Sábado, banda, Amadores da Música, Hernán, Ribadeo…

    Hoxe, sábado, fun á xuntanza anual de Amadores. Menos do 4% dos socios estabamos alí. Mágoa. xa o dixo tamén o director da banda, Lourenço: asómbrase da pouca participación. Como quen oe chover. Daniel, o presi de Amadores, desgranou o ano e despois, con outros criterios, tamén o director. Antes, o tesoureiro, Marcos, deu conta…

  • Por encargo

    Para a entrada de hoxe recibín un encargo, e en parte acepteino por eso vai ser unha entrada especial. O encargo era relacionado coa nova que apareceu onte da crítica do presi de Intel (a empresa de máis volume de ventas en procesadores informáticos) que o o ordenador chamado ‘dos 100 dólares’ é (pouco máis…

  • Imaxes de Ribadeo, hoxe

    Se algo non se pode negar sobre Ribadeo a día de hoxe é que está en obras. Tanto públicas como privadas, as obras inundan Ribadeo. Diríase que o importante non é par que facelo, senón sinxelamente obrar. Como mostra, dúas fotos de dúas obrar, unha pública e outra privada. A pública, a de soterramento dos…

  • Eduardo Baamonde, piscifactoría, … boas novas en Ribadeo

        Tanta Miga e a súa barriga. Ese é o título do libro de Eduardo Baamonde para nenos, cuns estupendos debuxos e unha historia interesante, que se presentou esta tarde na Casa das Letras ribadense. Para ver e ler.     Na presentación o autor lembrou a Suso Peña, o seu propio cariño por Ribadeo e…

  • virxe do Camiño

    A imaxe da capela da Virxe do Camiño fai (facía) de benvida a Ribadeo, e agora limita o Xardín (polo de ‘Xardín de Sela’), anunciando coa súa típica Cruz as súas orixes. Restaurada arredor do ano 90, volta a necesitar urxentes reparacións, pola humidade que se respira no sue interior, o estado de teito e…

  • Minitesón

    Coido que a algúns gustaríalles que o tesón, os tesóns da ría, foran do tamaño do que se ve na foto, o tesón de Mirasol a piques de desaparecer pola suba da marea. O caso é que os temas se me van acumulando sen tempo para poñer moito novo, e é que en Ribadeo prodúcense…

  • Visións de sábado

    Un sábado de orballo e ás veces algo máis. Despois do día en que caeu a grúa en Vilaframil nas obras da autovía, ver en que se está a converter a ampliación-recheo da parte norte de Mirasol… deprime, ó ver que o empregan como repositorio de area tras botar terra e pedra apra facer unha…

  • Só unha foto

    Con pouco tempo, só unha foto que quixen poñer xa deste verán (a longo tempo do Prestige) pero como consecuencia do Prestige… En Ribadeo pasou…que o alcalde declarou. Sobre o acoso. Negou todo. Mentras, na radio, o tema de urbanismo da coletazos, en espera de que reviva o PXOM.

  • Tempo de construcción

        Se onte comentaba o estado da edificación na zona, hoxe tócalle o turno á obra civil: os periódicos falan de rematar o tramo Barres-Ribadeo, Ponte dos Santos incluído, para 2009. Estame entrando o congojo no estómago porque parece que se van pasar unha boa tempada remozando a ponte, e polo tanto, é posible que…

  • Imaxe típica

    Hoxe é o día seguinte á vitoria de Fernando Alonso no mundial, que ten revolucionada á xente. Fai moito máis tempo que tivo lugar a decisión que da lugar á imaxe de árbores pelados no Xardín de Sela: a decisión de cortar as árbores porque tiñan demasiado desenvolvemento. O resultado é que houbo case unha…