Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.452 posts
37 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Unha fin de semana de armas tomar e barbas remollar

    Galicia é Galiza? Dende hai tempo, si e non. Si, por representar a mesma cousa, non por facelo a traverso de diferente idea dela. Coa asamblea do BNG esta fin de semana, a separación entrambas vai aumentando, personificando no nome unha ruptura que noutros lugares non ten tal personificación. E abocando, cara ó futuro, a…

  • Rosalía, auga e Ribadeo

    Hoxe, para celebrar o nacemento de Rosalía, chove a cántaros en Ribadeo. Cantou moitas veces cousas relacionadas coa auga, abondante na nosa terra. Onte lembreino ó pasar polo encoro do Lexoso, onde se xunta ó Noceda. Un sitio bonito abofé, pero que hai tempo que deixou de servir a Ribadeo como merece pola colmatación do…

  • Contrastes

    Luns pola mañá. Parece un día diferente por iso de vir despois da fin de semana. Moita xente sínteo como tal. Mirando cun pouco de obxectividade, non o parece. Poden saír novas ou comentarios como o de hai poucos días de Pablo Villapol no El Progreso,pois carnavaladas, nestes tempos, estamos a vivilas xa non a…

  • De Ribadeo, o medio

    O paso do 14 de febreiro, San Valentín, é tan bo como calquera outro para facer unha comparativa meteorolóxica do que vai de ano. Máis, se tamén, co mércores de cinza, rematou o básico do antroido e se remata de desprenderse un importante volume de rocha nas catedrais. Así, no que levamos de ano, a…

  • As rías (non a de Ribadeo) contaminadas. As catedrais, non

    Coinciden no tempo dúas viaxes de representantes da Unión (Europea, iso que os medios seguen a chamar -non sen certo aquel de chamada cara ó vello ‘mercado común’-, ‘comunidade europea’, e ós seus representantes, ‘comunitarios’) a Galicia. Un, de varios, polo mal estado das rías atlánticas, non nos toca a nós, a pesares da denuncia…

  • A Ribadeo, pola patroa

    Hoxe foi a xornada de avistamento de aves co gallo do día dos humedais. Esta mañá, un autobús de Eocar ás ordes de Enrique Sampedro deu a volta á ría parando en sitios con posibilidades para ver aves. E vímolas. No fondo da Liñeira, na praia de Salías, no puntal de Castropol, e no mirador…

  • O medio en Ribadeo

    Este fin de semana que ven celébranse en Ribadeo as xornadas dos humedais, con paseo para avistamento de aves (apuntarse en Turismo) e presentación de libro. De medio ambiente, pero esta vez social, trata asemade a asamblea de O Tesón que tamén se celebrará o sábado. Para acompasar a espera, deixo embaixo varias fotos e…

  • O CONVENIO ALCALDE-EON EMPEZA A FUNCIONAR – artigo de Evaristo Lombardero

    O pasado venres 11 de xaneiro de 2013 varias máquinas dunha empresa contratada por BEGASA-EON entraron nos montes de Piñeira e As Anzas e comezaron as excavacións e movementos de terras para construir o tendido de alta tensión e a subestación eléctrica que se ven proxectando dende 2007. Tomemos nota do dato: cinco anos. Ao…

  • O Prestige? Nunca máis!

    Literalmente, unha imaxe do dominio público. O pobo que esquece a súa historia está condenado a repetila. E ista historia comezou hai hoxe dez anos.

  • A quimera do Ouro

    Quen non lembra a peli? En torno ó ouro lévase trazado toda unha montaña de quimeras. E agora mesmo, séguese a facer. A mostra estivo onte en Tapia, segundo apuntan os xornais. Din que os organizadores tildaron a asistencia en mil persoas. ‘Fontes oficiais’, en 400. Peticionarios de emprego, segundo a empresa, en 7 000.…