-
Torres no clube náutico de Ribadeo
Hai xa longo tempo (máis de medio ano) que hai instaladas un par de torres con xeradores eólicos de eixe vertical na zona do club náutico, e mesmo téñome referido a eles en algunha ilustración do blog. Onte vin unha nova que volve sobre o tema, dicindo que pronto se terá os resultados do seu…
-
Proposta para un día de reflexión
Achégase o que se chama fin da campaña, e antes do día das votacións, hay teoricamente un día de reflexión. Teóricamente porque os carteis seguen (en Ribadeo aínda hai varios das eleccións pasadas, a estas alturas xa para escarnio do candidato correspondente), as novas non deixarán de lembrar ós candidatos, etc. Ben, se se quere…
-
Debuxando coa choiva
Onte choveu. Abondo, ó solpor. Goyi Gómez tomou unhas fotos e pasoumas. As primeiras dan fe dunha luz especial, bonita, na zona da illa Pancha, nun momento de choiva máis lixeira. Pero as segundas són máis chamativas. A posta de Sol estaba naturalmente cara ó oeste: Vemos abaixo a ponte dos Santos nun momento de…
-
Amenceres dende o IES de Ribadeo
[Versión algo máis didáctica en http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/clase-de-astronomia-o-natural.html] A medida que nos metemos máis e máis no outono, os días son máis curtos, e os amenceres máis tardíos. Agora é a época na que a entrada no traballo (o meu) coincide co amencer, e de xeito direto ou atraverso de cristaleiras, hai oportunidades múltiples para contemplar o…
-
corrección da entrada de datos meteorolóxicos última
Teño a necesidade de poñer a nova dunha corrección sobre datos meteorolóxicos, debido a unha lamentable equivocación de rutina de tratamento de datos na última entrada de meteoroloxía. A nova está ademais, ampliada con máis gráficas: http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html
-
Rematou o verán: verdade climatolóxica
Recoñecemento de erro. Deixo a entrada de abaixo tal como foi posta en principio, mais hoxe, día 2 de outubro, remato de descubrir un erro que me levou a que os datos e as gráficas de choiva (non as de temperaturas) esteñan mal. A entrada está refeita en http://fqribadeo.blogspot.com.es/2012/10/sobre-o-clima-en-ribadeo.html. — — Ligo unha entrada de…
-
O ceo de Ribadeo: de Ribadeo, ó ceo …
Unha tarde espléndida, con nubes sobor de Ribadeo, onte á tardiña, con fotos collidas entre a r/San Miguel e o cargadoiro. Unha mostra:
-
Cambio climático aplicado a Ribadeo: temperaturas do verán
Onte falei sobre o cambio climático aplicado a Ribadeo, a conta das medusas. E prometín datos. Noutro día con boa temperatura para setembro, aquí vai unha tanda de datos da Pedro Murias elaborados; son correspondentes ós meses de xullo e agosto do que levamos de século (2001-2012). Na primeira gráfica está todo confuso: corresponde ás…
