-
Lembrando o inverno (que aínda non rematou)
Nun día non cálido, pero tranquilo, suave de aire como hoxe, unha lembranza dun día diferente deste mesmo inverno con fotos da ría. A bocana da ría, imposible para o tránsito mariño. As Carrallas, co faro azotado polas ondas despeinadas polo vento. A illa Pancha, símbolo fronte ó mar.
-
Imaxes libres da illa Pancha (e moitos outros lugares ou asuntos)
As imaxes que levo publicadas no blog, salvo aviso en contra, teñen a licenza creative commons atribución-non comercial-compartir igual 3.0. Do faro van unhas cantas. Agora atopei un lugar onde procurar imaxes con licenza semellante, da Pancha ou do que se queira. Hai millóns. E, polo que puiden ver, outras moitas que son e non…
-
O DEREITO Ó PÚBLICO
Nos derradeiros días temos asistido a unha avalancha de publicidade en tódolos medios, destinada a insistir na inminencia dun hotel que leva sendo inminente dende hai dous anos. Esta morea de vídeos, artigos, especiais adicados á reconversión hoteleira dos faros españois e a asocialos á idea de progreso e confort, intervén no momento no…
-
Destruíndo patrimonio no 2001, en Ribadeo
A destrución de patrimonio non é cousa de agora. En particular, en Ribadeo. Remato de atopar un artigo vello, do blog ‘Destrucción do Patrimonio en Galicia dende o 2000 ata o 2003‘ referido a obras no 2001, que lembra unha historia que non se subsanou. Deixo unha adaptación ó galego, acompañada da foto anterior,…
-
ESCUDO e LAUDE DA CAPELA DA VIRXE DO ROSARIO DE Sta. MARIA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado
Dentro da Igrexa Parroquial de Sta. María do Campo de Ribadeo, ó lado destro da ábsida do altar maior, está a Capela da Virxe do Rosario e a continuación a Sancristía. No frontal esquerdo, xunto do seu altar, está esta pedra armeira, case cadrada que presenta un escudo de armas semicortado e partido, cuxa composición…
-
Nota de prensa de ‘Por Nuestro faro’ (20170308)
O colectivo “Por Nuestro Faro” ven de remitir ao Defensor del Pueblo o escrito que publicamos deseguido e que está colgado na nosa páxina e na ribadeando. As deficiencias no expediente que reiteramos agora xa foron expostas o Defensor na nosa primeira denuncia pero agora complétanse cun estudo máis polo miudo e a perspectiva do…
-
Nota de prensa aclaratoria de Por Nuestro Faro (20170301)
En relación ca nota publicada na páxina web do concello de Ribadeo o día 27 de Febreiro temos que suliñar o seguinte: 1.- Non é certo que o alcalde de Ribadeo tivera coñecemento “hai moi pouco tempo destas argumentacións…” como di agora, porque o noso grupo xa leva mais dun ano expoñendo os mesmos argumentos…
-
Pasando o antroido na illa Pancha
Mentras na vila resoa o antroido, na illa Pancha hai outro tipo de antroido: o que infrinxe a norma para facer o que lle peta. A falla de seguridade permite estas cousas (atención ó xeito de paso) A mostra, nas fotos e vídeos: Á carreira pola illa: A verxa ‘de seguridade’: (a partir de…
-
Parece que o concello comeza a moverse (aínda que sexa de xeito indirecto)
Hoxe hai unha nova na sección de novas do concello. Reprodúzoa de xeito completo, lembrando que é liberada cunha semana de retraso en relación ó ditame recibido por ‘Por nuestro faro’: O DEFENSOR BOTA EN FALLA INFORMACIÓN MEDIOAMBIENTAL Faro da Illa Pancha 27/02/2017 O Concello ven de dirixirse á Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao e á…
-
Protección do faro. Nota de prensa sobre a actualidade da illa Pancha
Colectivo ‘Por Nuestro Faro’ Nota de prensa 20170221 O pasado 16 de febreiro o colectivo “Por Nuestro Faro” recibiu a resposta do Defensor del Pueblo á queixa presentada hai sete meses. Subliñar que a Valedora do Pobo Galego inhibiuse da cuestión en favor do Defensor del Pueblo. O texto íntegro do informe recibido do Defensor…