Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.562 posts
44 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Illa Pancha

  • Escrito do colectivo “Por nuestro faro” ao Alcalde de Ribadeo e á Consellería de Medio Ambiente da Xunta

    Por parte de ‘Por Nuestro Faro’ dase entrada no rexistro ó seguinte escrito, con novas cousas das que nos imos decatando pouco a pouco e que se van sumando á morea que temos documentada: Sr. Alcalde de Ribadeo Respecto dos sinais de aparcadoiro aparecidas no vial de acceso á Illa Pancha desexamos notificarlle o seguinte:…

  • Bandeiras azuis, bandeira negra

    Din que as bandeiras azuis son un símbolo do bo estado das instalacións e protección da natureza en lugares que teñen que ver co mar. Coido que xa teño falado máis dunha vez sobre este tema, e axustado que unha entidade privada non pode garantir que o coidado da natureza sexa o representado por unha…

  • Cortezón, Suso Peña e As Covas do Rei Cintolo

    Unha publicación de Daniel Cortezón do ano 1956 publicada por Galaxia é republicada agora por Gráficas Lar Editora, acompañada do breve cómic de Suso Peña sobre o mesmo tema. A edición é facsímil, cedida por Galaxia, e o cómic de Suso Peña, como foi escrito, en castelán. Unha sorpresa editorial que sae a 10 €…

  • Daslle a man e cólleche o brazo

    Coñeces o dito? Sempre houbo exemplos, pero normalmente non son moi visibles. Neste caso, si. E podería traducirse por ‘daslle a illa Pancha e colle a península’. Porque algo parello é o que está a suceder. Non chega coa apropiación privada da illa Pancha cunha concesión de 500 m2 que dan as chaves dunha illa…

  • Escrito do colectivo “Por Nuestro Faro” ao Alcalde de Ribadeo

    Licenza de apertura e promesa incumprida por parte do Concello do acceso público; documento de Puertos (o a súa ausencia) que xustifique o peche ata o de agora da illa; variación de hotel a apartamentos e as súas implicacións legais… A tramitación segue chea de furados, así como as actitudes dos “implicados”… O escrito a…

  • Reseña de dúas actividades conectadas: roteiro a partir da illa Pancha e presentación de BirdFlyway

    Hai uns días deixei a convocatoria das dúas actividades, promovidas por ‘Por Nuestro Faro‘ e agora paso a deixar un breve resume do acontecido nas mesmas. A primeira realizada, venres 21 de abril ó anoitecer (dous días antes do día do libro, hoxe), na casa das letras, foi a presentación de BirdFlyway, libro de Antonio…

  • Presentación para venres, roteiro para sábado e defensa da illa sempre

    O libro, de Antonio Sandoval, será o segundo presentado por el en Ribadeo. … se che fai falta información, deixa un comentario incluíndo algún medio de contacto (naturalmente, non será publicado)

  • NOTA DE PRENSA DO COLECTIVO POR NUESTRO FARO (20170410)

     Como saben os lectores, dende o pasado sábado, día 21 de abril, están abertos os apartamentos no Faro da Illa Pancha. Nada de hotel como se veu decindo perante varios anos. Xa temos escrito dabondo da tramitación dun expediente trufado de irregularidades, como o deixou ben claro o Defensor del Pueblo no seu informe do…

  • O mentireiro ribadense

    Hai anos, unha publicacion anual, ‘O mentireiro verdadeiro‘ tiña unha acollida que batía marcas no campo galego. o seu apelido desmentía o nome, deixando a súa valía nun limbo acomodable. Hoxe deixou de editarse, en parte superdo polas novas tecnoloxías, pero tamén debido a outros factores. Un que creo que influeu foi a asunción das…

  • ¿En serio?

    Eh, esas instituciones ¿no me digáis que vais a dejar que se abra un hotel basado en un proyecto al que le faltan informes, y tramitado de forma irregular? Estamos esperando a que alguien reaccione. Es que no movéis un músculo. El Defensor del Pueblo pone en evidencia la chapuza y ¿qué sucede? Puertos dice…