Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.312 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: historia

  • ESCUDO DE ARMAS DO PARADOR DE TURISMO. Francisco José Campos Dorado

    Situado no lateral dereito da fachada frontal segundo se chega ó Parador de Turismo de Ribadeo, sobre a parede de pedra vista, está este precioso escudo de armas español, timbrado cunha coroa de xénero descoñecido e sen clasificación. É un escudo español clásico, cuadrilongo redondeado por abaixo. Está adornado con molduras independentes de recheo nos…

  • Lembranzas para o cine-teatro Colón de Ribadeo

    Están derribando o vello cine-teato, o Colón, despois de décadas cerrado.  Ten marcado un tempo para Ribadeo, e aínda que as novas xeracións non o coñecían, polo interior, a súa fachada facía de tarxeta de visita. Unhas fotos para lembrar o seu aspecto interior ou exterior e o seu entorno actual: A fachada art decó,…

  • Ruinas non, patrimonio

    Esta semana chegaron a min varias novas sobre conservación de patrimonio, en Ribadeo e en Barreiros. Patrimonio que non se circunscribe á natureza, caso das famosas Catedrais que tamén variaron como escenario esta semana (tanto a nivel legal como de rodaxe). E é que a Deputación Provincial tivo pleno o martes e aprobou, entre outras…

  • ESCUDOS DO PAZO DO XULGADO. Francisco José Campos Dorado

    Estes tres escudos están situados na Praza da Constitución de 1812, hoxe Praza de Abaixo, sobre a fachada do antigo Pazo do ex-Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ribadeo, case facendo esquina coa rúa Amando Pérez.  O escudo central é o escudo tal do Xulgado, que como xa dixemos do escudo de armas do…

  • ESCUDO DE RIBADEO (III) Francisco José Campos Dorado

    Ven de Escudo de Ribadeo (II) — A foto 1 é do escudo de armas de Ribadeo da Casa do Concello no Pazo de Ibañez. A foto 2 é do escudo de armas de Ribadeo que estaba no monumento dos bous, hoxe retirado por cuestións lexislativas da Memoria Histórica.  Estes escudos elípticos, son propios da…

  • A volta a España, por Ribadeo

    14:57:52, hora da primeira foto dos corredores, a cabeza de carreira pasando por diante do parador. As fotos pretenden ser unha pequena testemuña gráfica dun día chuvioso cunha pizca da historia deportiva de Ribadeo, o día no que os 164 corredores que saíron de Viveiro camiño para Lugo pasaron por Ribadeo no seu periplo na…

  • ESCUDO DE RIBADEO (II). Francisco José Campos Dorado

    -Este artigo é continuación de Escudo de Ribadeo (I)– Reconstruír o pasado dende o presente, utilizando materiais conservados e ditos da tradición popular é unha empresa ousada, pois non temos a seguridade de que as costumes permanecesen inmutables o longo do tempo. Pero tamén é certo que non podemos negar que existen crenzas que perduran…

  • ESCUDO DE RIBADEO (I). Francisco José Campos Dorado

    A versión tradicional do escudo condal de Ribadeo (que xa era antigo no ano 1699 segundo di Francisco Lanza, Ribadeo Antiguo, páx. 5) é o da fig. 1: en campo de azur unha chave de ouro posta en pau (vertical, que por “imperativo estético” se determinou colocar en barra, pois non afecta ó simbolismo heráldico…

  • O Viejo Pancho, na Galipedia. Unha ollada á nosa historia

    Remato de facer a adaptación da entrada sobre José Alonso de Trelles na Galipedia. Fixo que se lle farán moitos cambios e engadidos aínda, mais entendo que queda como artigo a destacar, seguinda a liña da dostaque que xa ten a entrada correspondente na wikipedida en castelán. Fixera tempo hai un primeiro esbozo, mais atendendo…

  • ESCUDO DA CAPELA DE SAN ROQUE. Francisco José Campos Dorado

    Está situado no lateral esquerdo da hermida de San Roque, mesmo o dobrar a esquina da fachada detrás dos Cocos situados á beira da praciña. É un escudo de armas español con punta, timbrado cun casco mirando a destra de fidalgo antigo, terzado e ensinando cinco griletas ou rexiñas surmontadas por un burlete. A ambos…