-
Onte vin chorar no Auditorio Hernán Naval, Ribadeo
Coido que si foi emocionante para moita xente. Un recoñecemento a Hernán, que levou a batuta guiando os pasos musicais de moitos dos que estaban presentes e de outros ausentes. Palabras emotivas primeiro de Mari Luz, no exterior, logo de Suso, no interior. Fotos e a reproducción da letra do díptico coido que ilustran xa…
-
25 de xullo (cun pouco de antelación)
Hoxe é un día de festa. O 25 de xullo, Santiago, patrón de Galicia e día adicado a Galicia en si mesma, á Patria Galega. En Ribadeo, un concerto, xa avisado no blog, será a continuación dun acto entrañable para moitos, o recoñecemento de Hernán Naval pola adicación do auditorio. Coido que a significación de…
-
Ribadeo, un pleno.
No pleno de onte, 10/07/06, non había tal pleno de xente observando nin de opinións entre os concelleiros. Poucas cousas se votaron por unanimidade, e si moitas por 7/6. Entre as cousas das que deu tempo a entender algo estaba o convenio para formar un consorcio na área de benestar e igualdade de xénero,…
-
Nomes en Ribadeo
Lourenço Cruz, Director da escola Municipal de Música e danza ‘Hernán Naval’ de Ribadeo dirixiu onte, no auditorio municipal ‘Carlos A. Fernández-Cid’ a banda de música municipal. Coido que esa debera ser a liña do comentario da actuación da banda co gallo das Letras Galegas de onte. Nembargantes, é moi probable que en breve se…
-
Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo “Hernán Naval”
Onte entereime de que a pesares de ser anunciado o nome do auditorio para Hernán, para poñerlle unha placa o día 17, quinto cabodano da súa morte, o tema non está incluído na orde do día do próximo pleno. Non sei se irá polo de urxencia, o que sería, coido, un contrasentido, pero sigo a…
-
O Quixote (mellor, Pancho) en Ribadeo
Pasóuseme pola cabeza a definición de tipo do ribadense medio. Collendo o Quixote como algo que todo o mundo entende, coido que o ribadense medio sería máis ben Pancho, pois na vida local está totalmente desequilibrada a balanza entre os dous personaxes. Cánta xente se implica en accións que inclúan á comunidade? (xa non pregunto…
-
Ribadeo transitable
Parece que en poucos días desbrozáronse e están transitables varios quilómetros da antiga vía do ferrocarril no termo municipal de Ribadeo. Santirso de Abres e a Pontenova xa o fixeron vai moito, e entre ambos, é transitable de xeito completo. Aquí tamén se podería seguir, se ben é certo que hai tramos que están cortados…
-
Ría de Ribadeo?
Ás veces, por estar nunha determinada posición, postura ou circunstancia, non xulgamos como é debido. Esto ocorre coas impresións que outros ou as cousas nos causan, e ás veces pode resultar un perigo. Comprobeino ou outro día coa palabra educación e a palabra ensino en relación ó nome dos IES: en Google pódense atopar…
-
Cartos
Ontes din que veu o Delegado provincial de educación, e trouxo a confirmación de varias melloras nos centros educativos, entre elas, pintar a escola de música (31000€) e poñer doble ventanal ó Porta da Auga (23000€). Non comprndo como o primeiro vale máis que o segundo, pero parece que é así. Vai uns días vin…
-
Parque, par(a)que?
É certo que o parque debe aproveitarse. Nembargantes, a foto de hoxe presetna medio parque ocupado, e o outro medio tamén o está, e non é unha excepción, pois multiplícanse as ocasións nas que o parque é ocupado por carpas, amosando máis que un aproveitamento, unha idea de que o parque en si non ten…