Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.589 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Hernán Naval

  • O Quixote (mellor, Pancho) en Ribadeo

    Pasóuseme pola cabeza a definición de tipo do ribadense medio. Collendo o Quixote como algo que todo o mundo entende, coido que o ribadense medio sería máis ben Pancho, pois na vida local está totalmente desequilibrada a balanza entre os dous personaxes. Cánta xente se implica en accións que inclúan á comunidade? (xa non pregunto…

  • Ribadeo transitable

    Parece que en poucos días desbrozáronse e están transitables varios quilómetros da antiga vía do ferrocarril no termo municipal de Ribadeo. Santirso de Abres e a Pontenova xa o fixeron vai moito, e entre ambos, é transitable de xeito completo. Aquí tamén se podería seguir, se ben é certo que hai tramos que están cortados…

  • Ría de Ribadeo?

        Ás veces, por estar nunha determinada posición, postura ou circunstancia, non xulgamos como é debido. Esto ocorre coas impresións que outros ou as cousas nos causan, e ás veces pode resultar un perigo. Comprobeino ou outro día coa palabra educación e a palabra ensino en relación ó nome dos IES: en Google pódense atopar…

  • Cartos

    Ontes din que veu o Delegado provincial de educación, e trouxo a confirmación de varias melloras nos centros educativos, entre elas, pintar a escola de música (31000€) e poñer doble ventanal ó Porta da Auga (23000€). Non comprndo como o primeiro vale máis que o segundo, pero parece que é así. Vai uns días vin…

  • Parque, par(a)que?

    É certo que o parque debe aproveitarse. Nembargantes, a foto de hoxe presetna medio parque ocupado, e o outro medio tamén o está, e non é unha excepción, pois multiplícanse as ocasións nas que o parque é ocupado por carpas, amosando máis que un aproveitamento, unha idea de que o parque en si non ten…

  • Música (en Ribadeo) e Haiku (no blog)

    Vai uns días un lector díxome que debía practicar o haiku. Tradúzoo ó meu xeito por ‘maior brevidade’. Pode que teña razón. Por eso comecei vai tempo a separar o que é propio do día do que é de anos atrás. Ó mellor aínda así me quedo curto. Irei facendo. A imaxe: decoración na escola…

  • Bombeiros voluntaros

    Ontes, á noite, comezou a entrar un cheire na casa e a oírense voces na rúa. Resulrta que estaban dous contedores amenzados polo lume. Só a intervención de xente do bar de enfrente evitou que se consumara a queima, como puiden observar cando din mirado pola fiestra. Por eso, unha homenaxe ós ‘bombeiros voluntarios’, que,…

  • Domingo alucinante

    Non se me ocorre outra introducción a estas horas. Por primeira vez decátome de que podo acceder a un periódico xa e atópome que o PP teme que a liña de protección da costa chegue ós 500m. Será que despois de estar en vela varias horas a miña capacidade de xuizo xa non é a…

  • Nostalxia e futuro: sempre en Ribadeo

    Non é melancolía, é circunstancia. Se se miran hoxe as dúas ilustracións do post, verase a complementareidade, e poderase xulgar a oportunidade. Unha delas, a pomba de voluntarios, e un xeito no que Suso Peña tratou de agradecer ós voluntarios do Prestige. Está feita no 2002, en decembro, de aclárase no correo de envío que…

  • En barco a Ribadeo.

    Vai moito tempo que as relacións con Alemaña dende Ribadeo establecíanse en barco. En tempo de Ibáñez, o liño ou o cúmel era así como se traían. Hoxe os tempos cambian en os alemáns veñen a establecerse comercialmente, pois Lidl remata de pedir licenza apra facelo, cabo da vía, á saída de Ribadeo no lugar…