Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Hernán Naval

  • Un concerto en Ribadeo, auditoro Hernán Naval

    Na realidade non foi un concerto, senón actuacións. Adxúntase o díptico e algunha foto, incluíndo Reis Magos, que tamén fixeron acto de presencia, o presentador, outra actuación. Notouse pois a presenza de Suso López e non apareceu Lourenço, mentras a xente da ANPA, Suso, Ernesto, Farruco, Javier, eu… estabamos ó completo. Tampouco se viu o…

  • Festival de Nadal da Escola Municipal de Música e Danza “Hernán Naval” de Ribadeo

    Paso a postear a nota íntegra da actuación que terá lugar mañá: A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu t A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo celebra o seu tradicional Festival de Nadal Actuarán un total de dez formacións xurdidas no seo do propio centro O festival…

  • Un domingo distendido

    Ás portas do novo ano, collamos por Ribadeo este domingo un pouco distendido á vista das montañas nevadas á outra beira da ría (a noite anterior, para non variar, foi outra cousa). Aí vai un pequeno acertixo: o calendrio á beira, repartido por Amadores da Música, que por certo, ten xa aí a convocatoria de…

  • Trece veces o meu peso… e un vello parque

    Onte, botando contas polo alto, descubrín que estes últimos anos gastei en combustible no coche unhas trece veces o meu peso cada ano, e eso que estou moi satisfeito co gasto cada 100km. É doado prever que as reservas de combustibles fósiles vánse esgotar de xeito rápido… a pesares de que a maioría da poboación…

  • Nova cultura: actuación da Coral Polifónica de Ribadeo

    Equivoqueime, quería poñer ‘nova cultural’, pero cando me decatei, vin que quedaba ben. corresponder á idea? … ese é un punto un pouco frouxo… Ben, Que di o cartel? Ve abaixo e aquí Concerto de Nadal III Memorial Pepe Valiña Sábado 16 de decembro do 2006 Igrexa Nova de Baio ás 21.00 horas. Coral Polifónica…

  • Proveito político

    Despois de tres horas desperto pola música allea, aproveito para facer o blog: a estas horas levantareime mañá e de calquera xeito, o horario dominical está perdido polo cansancio da noite. Remato de ler titulares dun periódico, e atópome coa nova de que van cesar as protestas de protección civil por non estar aberto o…

  • Na lembranza de Hernán

    Recuperando cousas sobre Hernán, a letura dun post de Mariano lembroume un artigo me que saiu no libro das festas do 2001. Escaneeino (pp.11,13,15 e 17) e aqui vai, á falta de pasar ó Arquivo Dixital Hernán Naval. A lembrar, coma sempre, que clicando na imaxe consíguese vela soa e logo, de máis tamaño. E…

  • Castro balbinense no centro histórico de Ribadeo

        Poucos días despois de dar nota dunha obra veciña á oficina de turismo, na ex-horta de Boado, entérome de que é: a reprodución dun castro. E lévome unha sorpresa, non polo onde, por estarse a facer nun sitio no que se descoñece a existencia de castro previo, nin polo como, pois o presunto castro…

  • Arquivo Dixital Hernán Naval

    Só un pequeno aviso para indicar novos ficheiros no Arquivo Dixital Hernán Naval, dentro do http://ribadeo.webcindario.com, e indicar asemade que prácticamente o espazo naquel nicho téñoo esgotado, polo que procurarei máis espazo noutro lugar que poda atopar, pero mentras tanto, non cargarei máis cousas alí.

  • Hernán, Ría de Ribadeo, … (2ª de hoxe)

    Remato de cargar a parte da acta do último pleno municipal (10/07/06) que trata do nomeamento do auditorio Hernán Naval. A foto da ría de Ribadeo amosa unha ‘nova illa’ fronte a Castropol. Nadando nadando, achegueime e vin máis in situ o tema, o perfil do tesón de Castropol, e téno curioso: entre o cacho…