-
Subrealismo relixioso en Ribadeo
Día ventoso, de Sol forte entre nubes tapadeiras, camiñando por Ribadeo este domingo das Letras Galegas, pódense atopar imaxes subrealistas, como estas do nº 1 da rúa Deputación, antes de que sexa tirada por orde gubernamental do concello (antes de que caia por si). Título: o Cristo aguanta entre ruínas Título: o que queda, ó…
-
Herbicida no cemiterio e nos accesos ó mesmo. Artigo de J.A. Salvatierra
HERBICIDA NO CEMITERIO DE RIBADEO E NOS ACCESOS O MESMO Por favor, pediría que non se volte a cometer o erro de aplicar herbicida total, tanto no interior do mesmo como na rúa que conduce a entrada principal, que vai dende o Cabazo ata o aparcadoiro do cemiterio. Esta rúa ou estrada ten dúas fileiras…
-
Primavera?
Por esta época, levo posto no blog varios anos algunha entrada de xardíns colgantes. A conto de dúas fotografías que tomei este fin de semana, retomo o tema con algunha variación. A primeira é a foto dunha casa que da a r/ San Miguel. Mellor dito, ós restos do que era unha casa. Vista por…
-
Un paseo por Ribadeo: ribadeando
Onte non quedei a gusto co resultado do post “Historia e coñecemento de Ribadeo“. Por iso, hoxe presento de xeito rápido un pequeno paseo de escasos oitocentos metros e algúns dos moitos comentarios que se poden facer del, coñecemento de Ribadeo e a súa historia, mesmo obviando a maior parte de observacións máis coñecidas. Comezo…
-
Cousas de Ribadeo
As caras de Ribadeo son múltiples. Todos o sabemos. Iso non quita para que vaian aparecendo e desaparecendo curiosidades máis ou menos chamativas, cousas a mellorar ou cousas melloradas. Ribadeo non se pode resumir en cinco fotos, pero algún contraste solto, si: 1.Espantallos caseiros na r/Ramón González, antipombas. Debidos a? 2. … posiblemente, ás pombas…
-
Tres imaxes
Tres, para os conxuntos, é un número que ten algo de maxia. É o primeiro número que racha tanto coa monotonía da igualdade como coa contraposición invitada entre diferencias. Un número necesario para manter unha banqueta estable e para facer cadrar diferencias en pé de igualdade. 1.Ribadeo, visto por riba dunha bandeira republicana. Ribadeo, Dende…
-
Revisitando o Pozo Mouro
Deixo hoxe varias fotos e un vídeo do Pozo Mouro, no rego Lexoso, preto de Remourelle, como aparece no mapa ó final. A zona xa a tratei tempo atrás cunha entrada de título ‘Ribadeo marabilloso‘, tamén con fotos e vídeo na que se pode comparar a fervenza con diferentes caudais. A baixada dende a estrada…
-
Do lixo e outras merdas
Ven sendo algo cíclico, o do falar do lixo. Producimos moito (en Ribadeo, enviamos ó lixo cousa de 1 kg diario, co que completaríamos un peso igual ó noso en 2-3 meses) e literalmente non se sabe que facer con el. Nin aínda cando temos unha recollida como en Ribadeo se evitan situacións como as…
-
O mundo dende a terceira cetárea de Rinlo
Hoxe é 28 de decembro. Na nosa tradición, un día que pode ser chusco a conta dos inocentes. Neste caso non é unha inocentada. Só un vídeo tomado onte na terceira cetárea de Rinlo, enfocando segundo se me ían ocorrendo as ideas, á auga da cetárea, ás escaleiras, ás nubes, ó mar, ó Mondigo… co…
-
Paisaxes e ceos de Ribadeo
De cando en vez, vanse acumulando fotos do entorno nas cámaras ou nos discos duros, escamoteando ó fondo la lembranza entornos bonitos, paisaxes agradables e máis. Traelos de novo á vista é un exercicio equivalente a aspirar aire fresco, que rende só polo feito de facelo, sen procurar máis efectos secundarios. Estas son de menos…