Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: fotos

  • Bonito crepúsculo

    Onte, cara ó oeste, o crepúsculo sorprendeu con cores e tonalidades nas nubes. Fin dun día, anuncio dunha semana que, por estar por comezar, pode dar todo de si. Unha semana para sementar e tamén para recoller froito. Adiante!

  • A evolución de Ribadeo en fotos aéreas

    Dende o ano 1946 ata ‘hoxe’. A disposición. Embaixo deixo varias capturas de pantalla que poden facerse con máis detalle (todas elas) para apreciar por exemplo o decorrer do río de Vilaselán ou da vía de Vilaoudriz, o cargadoiro (que collín en detalle aparte)… e máis fotos entre medias de tempo.  Do voo americano de…

  • Novas de Ribadeo

    Ribadeo está en festas. Festa contínua, parece. Onte inaugurouse o mercado de Nadal, e xa temos nota de prensa da visita do alcalde, xunto co aviso dun sorprendente (din) sistema de iluminación no Nadal. O título da nota está en consoancia coa ‘festa contínua’: a 8 de decembro, chega o Nadal a Ribadeo. E, no…

  • Lembranzas para o cine-teatro Colón de Ribadeo

    Están derribando o vello cine-teato, o Colón, despois de décadas cerrado.  Ten marcado un tempo para Ribadeo, e aínda que as novas xeracións non o coñecían, polo interior, a súa fachada facía de tarxeta de visita. Unhas fotos para lembrar o seu aspecto interior ou exterior e o seu entorno actual: A fachada art decó,…

  • Equivócome?

    Por favor, compara as tres fotos e di se o diario asturiano está empregando unha foto das catedrais, que non son Asturias, sen dicilo que o son e tentando disimulalo para promocionarse. Estou equivocado?

  • Domingo nas catedrais, fotos e máis

    Pasou o #5000 (recén), pasaron as festas (case) e a vida continúa. Algo que pode verse nas catedrais como en outros moitos lugares menos representativos. Pode verse hoxe mesmo na web feita para iso que as catedrais necesitan permiso hoxe, domingo 11 de setembro, para ir a darse unha volta por alí. Hoxe era baixamar…

  • Os fogos do sete en Ribadeo, dende as Figueiras

    Esta noite foron os ‘fogos do sete’, en realidade nos primeiros minutos do día oito. Deixo algunha testemuña da edición deste ano tomada dende as Figueiras. Ribadeo, de noite, antes dos fogos.  Un momento dos fogos, coa iluminación xa variada  Un dos momentos vistosos dos fogos A primeira parte dos fogos, en vídeo E agora……

  • Imaxes de Ribadeo alternativas á festa

    Estamos en festas, e saen imaxes… das festas. Estas son outras imaxes de Ribadeo en festas, mais non das festas de Ribadeo. A primeira, os chiringuitos de venda ambulante cerrados pola mañá contrastando co Ribadeo de tódolos días  A segunda, unha acampada improvisada nun parque: dalgún xeito ten que sobrevivir a xente, e moitas posibilidades…

  • Illa Pancha: resultado da concentración do 14 de agosto

    Comezo con fotos de autores diferentes (Mario P., S. Fernández e Ángel A.) correspondendo a tres momentos tamén diferentes dunha concentración que din (eu quedei sen poder ir) acolleu a unhas 100 persoas. Foi hoxe, domingo 14 de agosto de 2016, comezando ás 12 da mañá de rematando preto de tres cuartos de hora despois.…

  • O mundo visto dende Ribadeo

    Onte tive a oportunidadede desfrutar do solpor  de Ribadeo. Nas catedrais aínda había xente, moita dela tentando capturar o momento tanto ou máis que vivíndoo. Sen impedimentos de entrada, que iso é para a galería e os momentos de día, que non teñen por que coincidir cos momentos de pracer (algo que -a falta de…