Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: fotos

  • Detalles no Via Crucis de Ribadeo: mea culpa

    Despois do pregón, podería dicir que me gustou, pero non é esa a intención dun via crucis nin a miña ó ir. Polo tanto, omito esa parte. Teño que dicir que ía titular a entrada como ‘Vía Crucis ou calamares fritos?’, pero optei por non facelo para evitar malas interpretacións. O caso é que ó…

  • Ribadeo en dous tempos

    Collo hoxe o escaneo da poesía de Luz Pozo Garza nas bolsas da campaña ‘pan con poesía’ para unha primeira entrega de base cultural, pero a entrada non vai por aí. O título corresponde a unha apropiación e desviación de outro de Vargas LLosa no El País hai uns días: Roma en dos tiempos. Pois…

  • Dúas cousas pequenas

    Adxunto a foto do cine teatro, para concetar coa entrada anterior de hoxe, ‘Festa xitana en Ribadeo’, e un cartel da Semana Santa como lembranza da súa proximidade e pregón de hoxe.

  • A Torre dos Moreno e Ribadeo

    Onte estaba unha tarde clara e luminosa. A Torre dos Moreno tiña boa luz para unha foto. O mesmo o paxaro nunha árbore do parque. O caso é que de lonxe, a Torre da o pego da aparencia en bo estado, como símbolo de Ribadeo. De cerca, xa teño metido máis dunha foto con cascotes…

  • Despois de falar das misións en Ribadeo… (2ª de hoxe)

    Pois eso, falando de misións en Ribadeo, unha foto conmemorativa da misión dos xesuítas en Couxela no 1943, setembro, conservada na igrexa parroquial.

  • Elevador habemos…

    Hoxe a prensa trae a nova dun triunfo para o alcalde: a autorización para construír o ascensor da atalaia. Para min discutible, pero certo. Unha obra que quedará para o pŕoximo alcalde e que, dada a mecánica con que se collen estas cousas no concello, ten abondas probabilidades de executarse. Asemade, tamén comezará ‘xa’ a…

  • Feira da Ciencia en Ribadeo, e van 13

    De novo a feira da ciencia comeza o seu andar en Ribadeo. Está invitada toda persoa que por alí queira pasar. Na inauguración, en contra do que viña pasando estes anos, participou o Alcalde, mentras o Tenente de Alcalde estaba sentado co público, o mesmo que a concellala de cultura. Eso si, estes quedáronse á…

  • Unha comunicación reducida para a xente que formou parte da banda

    Recibín un correo que paso ó blog como segunda entrada de hoxe porque coido que unha parte dos lectores son antigos músicos da banda (sinfónica) (municipal) de Ribadeo [os parénteses son porque tivo varias denominacións sucesivas, mesmo baixo a batuta de Hernán, ata a actualidade]. >A TODOS OS MÚSICOS QUE PASARON POLA BANDA DE MÚSICA…

  • Internet na campaña electoral en Ribadeo

    Din que España non está aínda (ou está nos postos de cola) na sociedade da nformación. así, mentras que os blog estraron xa de cheo na campaña electoral I de Bush, aquí non aparece nin un dos partidos na campaña electoral Balbino II (bo, é un dicir, porque xa estivo con anterioridade no goberno municipal…

  • Protexendo o Eo: antroido en Ribadeo

    …Agora resulta que van crear unha nova figura de protección para a zona do Eo e non sei ben cantas máis. Ben, é un primeiro paso antes das eleccións locais, pero todos sabemos que o importante é establecer a protección real, non no papel. Pode ser un paso, facer leis, normas, proteccións; é máis: é…