Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Finde: de fóra en Ribadeo, e de Ribadeo fóra

    Esta fin de semana acumuláronse en Ribadeo varias citas con aportacións externas ó pobo, e algunha na que Ribadeo aportou tamén para fóra. Aquí queda algo delas. A primeira, a celebración do ‘día do orgullo’. Así, sen máis, aínda que evidentemente, pola bandeira e pola nota de prensa, refírese ó orgullo do colectivo lgtb. O…

  • Suso Fernández: Ribadeo en imaxes

    Remato de descubrilo, e lígoo aquí para que o descubra máis xente. O blog está en marcha dende o 31 de agosto de 2015, con imaxes de Ribadeo, a ría, a contorna. Sen comentarios, só imaxe. Para desfrutar.

  • Circunvalación de Mirasol: aberta (atención, a circunvalación, non o porto!)

    Xa está aberta de novo a ‘circunvalación’ do porto de Mirasol. Que eu saiba non foi avisada, co que moita xente aínda non o saberá e seguirá facendo un rodeo se ten que desprazarse entre a Vilavella e a zona do paseo marítimo – Porcillán – estrada do faro.  Polo momento vexo que está asentado…

  • Mexadoiro evolución: precuela

    Despois da anterior entrada, ‘Mexadoiro evolución‘, decateime de que faltaban cousas revias en relación ó ‘Mexadoiro de King Kong / fonte no parque da Pza. de España’, que son as que poño agora na web. Abril de 2007 (‘Ribadeo, Ribadeo‘): “454000€ (máis de 75Mpts) son anunciados para a Pza. de España, contando ademáis da obra,…

  • Mexadoiro Evolución

    Case seguro que se comprendía mellor en inglés: Mexadoiro Evolution. Refírome ós cambios e transmutacións do ‘Mexadoiro de King Kong’ / fonte do Parque da Pza. de España dende a súa construción ata a actualidade. A semana pasada, dende o concello, tomeille unha foto, e lembrei que tiña máis ou menos a historia gráfica. Aí…

  • 31 fotos da ría e algún comentario

    Coido que a ría de Ribadeo debe ser tamén beneficiaria (estou seguro de que si o é) de toda a propaganda que está xerando o traballo de ‘Por Nuestro Faro’. A notar unha diferencia: sen un peso, o tirón é grande, mentras que Faros de España tirou de chequeira para promoción dun establecemento, non dunha…

  • Imaxes libres da illa Pancha (e moitos outros lugares ou asuntos)

    As imaxes que levo publicadas no blog, salvo aviso en contra, teñen a licenza creative commons atribución-non comercial-compartir igual 3.0. Do faro van unhas cantas. Agora atopei un lugar onde procurar imaxes con licenza semellante, da Pancha ou do que se queira. Hai millóns. E, polo que puiden ver, outras moitas que son e non…

  • Tobogán a Cabanela

    Onte pasei por Cabanela. Dixéronme dunha obra que se estaba a facer alí, e si, é unha Obra, grande. A zona quedará transformada, posta ó día, aínda que non se actúe sobre a zona da baixada á casa do bispo. O resultado desa posta, descoñézoo. E, mellor que comentar, as fotos dan unha idea da…

  • Imaxes de Ribadeo

    8 de marzo. Día da muller… Teño argumentado varias veces no blog que cando se quere sacar do medio o facer unha actividade de impacto sobre un tema, adícaselle un día. E si, ese día hai celebración, palabras, e ó seguinte, esquecemento. Por unha banda, non chega, e pola outra, ás veces case se pode…

  • A evolución de Ribadeo en fotos aéreas

    Dende o ano 1946 ata ‘hoxe’. A disposición. Embaixo deixo varias capturas de pantalla que poden facerse con máis detalle (todas elas) para apreciar por exemplo o decorrer do río de Vilaselán ou da vía de Vilaoudriz, o cargadoiro (que collín en detalle aparte)… e máis fotos entre medias de tempo.  Do voo americano de…