Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.243 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos Ribadeo

  • Derrumbe(s) con máis dunha década por medio

     Fotos do derrumbe de onte, dende a ponte dos Santos e dende a beira da estrada ó faro. Vese claramente o lugar, xunta ó albergue de peregrinos.  — Onte houbo un novo derrumbe na zona na que o 30 de decembro de 2005 outro anterior provocara o corte da estrada do faro, como se ve…

  • Placas en Porcillán

    Hai xa meses que o blog comezou a conter fotos das novas placas descritivas de Sargadelos, que describen trinta lugares do rueiro de Ribadeo. Dende aquela, publicouse un folleto recollendo o seu contido, mais coido non da unha idea adecuada da beleza das placas, polo que sigo recollendo fotos ata completar o conxunto. Hoxe tocoulle…

  • Lembrando o inverno

    Paso por Meteogalicia unha vez máis para recoller datos, e constato de que, a piques de entrar na primavera (este ano, o día 20), as previsións de frío para eta semana non chegan nin de lonxe ós números baixo cero que chegou a haber hai pouco menos dun mes (día 23 de febreiro, gráfica abaixo),…

  • 7 de decembro? Xa chegou o Nadal a Ribadeo

    O de que é o Nadal, iso xa é fariña doutro costal. Alumedado, Mercado, Pista de xeo… os atributos que se foi colgando o Nadal ribadense xa están preparados ou funcionando, e as vendas e a ocupación hostaleira, eses outros atributos procurados, parece que tamén van. Será pois cousa de redefinir o Nadal. Ó cabo,…

  • Historias do tren

        O tren ten xa unha historia na comarca. Seis décadas para o tren mineiro, e xa 45 anos para a liña de ferrocarril de vía estreita Ferrol-Xixón. Mais, a este paso, parece que vai ser o ‘fin da historia’. E é que é notorio o desentendementa da liña pola empresa, o que fai que…

  • Por Nuestro faro. ESCRITO AO SR. ALCALDE DE RIBADEO

       Sr. Alcalde de Ribadeo:    Segundo temos comprobado, na páxina facebook do aloxamento da Illa Pancha anúnciase que a instalación hostaleira está aberta ao público dende o 12 de setembro. Dado que non temos coñecemento da situación actual dos trámites administrativos para a concesión da licenza de apertura, agradeceríamoslle que nos informase dos puntos…

  • Imaxes dende Ribadeo

    As veces non nos decatamos de onde vivimos. Temos que reflexionar ó pasar polos sitios para car na conta da beleza ou infamia que representan. E, de cando en vez, é un exercicio de autorecoñecemento  que ven moi ben. Aquí quedan algunha fotos tomadas estes días de lugares uns máis coñecidos, outros descoñecidos, uns de…

  • Invasión, versión 2017

    A estas alturas, Ribadeo está cheo. A festa do glamour atrae e as redes sociais énchense de testemuñas sobre traxes e postureo, sorrisos e tapeo, collidas a voleo das posibilidades amplas que hai a disposición. Hai que recoller testemuñas diversas para ver otro tipo de impacto no pobo e saír da sala de teatro no…

  • A nova anunciada: Venres de indianos

    Venres 7 de xullo. si, San Fermín. E os indianos en Ribadeo, que se nas edicións pasadas se presenteou multitudinario, este ano espérase ‘aínda máis.’ Embaixo quedan fotos do escaparate montado polo Hostal Presidente, a montaxe en preparación da r/San Roque, o cartel e o programa. Imaxe e nota de prensa do concello:

  • … isto tamén é Ribadeo

    O noso pobo -tódolos pobos- ten, a máis das cousas e lugares remarcados, moitos outros e outras que son aprezables. Ás veces, efémeros, outras, diminutos, outras máis, acubillados en calquera lugar, sempre, que se poden desfrutar ou sinxelamente quedar para a lembranza. As fotos a continuación dan idea dalgúns: * pombas e herbas nun aleiro…