Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Fotos ría de Ribadeo

  • Concorrido

    Con lama, colmatado, sen ducha, sen socorrista, con auga máis cocha do corrente, pero concorrido. Así é estes días o ‘parque-praia’ dos bloques. Lama, como é xa tradición, pero algo máis, que se vai acumulando de ano en ano. Colmatado, asemade cada vez máis. Sen ducha, porque soen poñerse máis tarde, entre o 15 de…

  • Vaise e veñen

    Vaise o Edda Frende camiño de Marín para ser rematado. Sairá entre as 12 e media e a 1 e media do mediodía, coa marea alta (corresponde ás 12:54 no porto de Mirasol, e un pouco antes na ponte dos Santos, escollo a pasar). As características que collín de Gondán do seu irmán xemelgo, o…

  • Natureza e home, fotos e outras imaxes

    Cara ó faro, a imaxe de Pena Furada preséntase sempre cambiante e sempre bonita. Esteña como esteña a marea, ou como se mova o mar. Un dos puntos de referencia para tomar fotos e lembrar unha e outra vez. Alí pódese centrar a xente na natureza sen máis. Vela dende o paseo ou achegarse polo…

  • O Ribadeo que queremos

    Hai tempo que fixen unha entrada co mesmo título, o Ribadeo que queremos, ó que seguiron varios máis co mesmo tema (por exemplo, este ‘Ribadeo que queremos’, ou este outro que tamén queremos de Ribadeo) e hoxe, a conta dos titulares da prensa e as notas do concello, lembro o pouco que se avanzou na…

  • Posibilidades de evasión hoxe en Ribadeo

    Esta entrada trata de alternativas para hoxe, en espera da recuperación da crise que din que está a piques de comezar noutros lugares. Non é para a crise en conxunto, senón moito máis modesta, para algunha persoa, para un día. As festas de Vilaselán están en marcha, e vese rir nelas. Hoxe Segue Mariñarte, e…

  • Sei que o concello ten limitacións, pero ten que ter prioridades

    O título é unha frase de José Duarte hoxe na prensa; denuncia ‘en positivo’ que os servizos de As Catedrais non estiveran abertos. E asígnaos como prioridade ó concello. O alcalde, este mandato, ten básicamente dous eixes de disculpa: só catro concelleiros en 13, coa limitación para realizar a carga de traballo que iso supón,…

  • A ría, en cheo

    A ría da unha imaxe diferente cada volta que se mira. Estas dúas imaxes dan fe dun dos últimos cheos , co espolón dos bloques mergullado na punta (como se pode ver se se amplía a foto) e a praia reducida ó mínimo. No fondo, as nubes impiden ver a neve, aínda presente nos Oscos.

  • Máis para o porto: nova grúa de Galigrain

    Bonita, verdade? Máis polo que representa: unha nova empresa no porto (aínda que asociada segundo parece con outra xa existente), novo material, aposta polo futuro do porto ribadense de quen era a futura titular da nave que non chegou a ir para adiante. A semana pasada os diarios traían a nova de que Ence ía…

  • Confirmación

    Si, o luns tratarase o plan sectorial no pleno de Ribadeo a pesares de que a nota de prensa do concello non falaba nada del. Foi unha ausencia que me chamou e segue a chamarme a atención. A moción foi presentada pola oposición; quizáis foi ise o motivo de que non se tratara na nota…

  • Datos

    A oferta de datos sobre a xestión que sufrimos ou desfrutamos non é moi abondante. Máis ben é rácana cando non decididamente negada. Hoxe martes saen na prensa varias novas asimilables ó tema. Dende unha na que o alcalde afirma non coñecer o futuro trazado da liña de alta tensión pola que asinaron 168 viciños,…