Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.517 posts
41 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Máis para o porto: nova grúa de Galigrain



Bonita, verdade? Máis polo que representa: unha nova empresa no porto (aínda que asociada segundo parece con outra xa existente), novo material, aposta polo futuro do porto ribadense de quen era a futura titular da nave que non chegou a ir para adiante. A semana pasada os diarios traían a nova de que Ence ía deixar Ribadeo. Nova que despois se desmentiu. E non parece estrano que se desmentira nun momento que un concesionario anterior remata de facer unha nova nave (Pertejo), o recheo último está acupado por montóns de material (como se pode ver na foto; sal alomenos un deles), Gondán, que retirou os seus traballos para as Figueiras, volta a ter unha nave no porto porque non da feito aló, aparece unha nova empresa (Galigrain) actuando no porto, con novo material como se pode ver na foto…

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *