-
A piques de rematar o escrutino
A estas alturas, co 100% do reconto feito en Ribadeo, xa está claro que en Ribadeo 1/3 do electorado votou ó PP, só un pouco por baixo dos que se abstiveron, redondeando, tamén 1/3. En Marea, con algo máis de 1/10 queda como terceira forza, o PSOE, con case exactamente 1/10, cuarta, e o BNG,…
-
Reflexiona!
O certo é que reflexionar por mandato cando durante catro anos case se diría que tentan impedir que reflexiones… implica como mínimo que seguramente non terás en forma esa facultade, e seguramente tampouco estarás rodeado de condicións idóneas para facelo. Medita, reflexiona, mais de xeito continuado, non nas ocasións que te indican (indican cando, mais…
-
Propaganda / actualización
Despois dunha primeira avaliación de propaganda electoral para as eleccións autonómicas galegas 2016 feita o domingo, faigo unha recensión a mércores pola tarde /actualización venres á mañá. Nestes momentos, por buzón ou en man, chegaron á nosa casa sobres con papeletas de BNG (3) (dous en man en un por correo, posterior, que motiva esta…
-
Ás urnas en sete días
Unha semana xusta separa a actualidade do paso pola caixa. As caixas transparentes para os sobres cerrados, pero non para o seu interior. As caixas nas que depoistamos a esperanza dun futuro mellor, mais tamén as caixas do enfrontamento e da discordia. Caixas ás que temos un dereito que non sempre usamos. E mentras, preparación.…
-
As eleccións, en Lugo e Galicia
A falta do voto por correo… As cores poden enganar… E un resume do anterior (que podes ampliar para ver premendo co rato):
-
Un resume histórico das eleccións en Ribadeo, sen comentarios
Dende 2004, cada vez más abstención (Só os máis relevantes)
-
As eleccións do 26J en Ribadeo. Papeletas
Coido que nunha votación, antes do resultados, das cousas máis importantes son as papeletas (aquí, as papeletas das xerais do 20D). É dicir, o que se vai poder votar, entre o que se vai poder elixir. En Ribadeo, hoxe, as papeletas (collidas unha de cada con permiso de mesa e interventor presente), por orde alfabético…
-
Resultados da enquisa para o 26J
Cerrada a entrada de datos, 39 participantes na enquisa para o 26J. Se imos a considerar a proporcionalidade, en relación a España as enquisas terían que ser de abondo máis de 100 000 persoas para gardar a proporción, co que, nese sentido, conseguiuse unha participación elevada. Aínda así, por representación estatística e outros detalles non…
-
Previsións de voto
Pouco a pouco a enquisa vai animándose. Deixo a captura de pantalla de agora mesmo sobre o que cre a xente que será a opción maioritaria elixida en Ribadeo o 26J: Ti xa votaches? https://docs.google.com/forms/d/1yJJwgKXnskFacYUud9WaZpKfkfZRtU3uR81dpq6uFXk/viewform (entrada orixinal, explicativa: http://ribadeando.blogspot.com.es/2016/06/enquisa-para-o-26j-en-ribadeo.html)
-
Anímaste? Que vas votar o 26J en Ribadeo?
Despois da entrada de onte, xa comezou a funcionar a enquisa, e van 15 persoas que depositaron a súa opción. De aquí a xoves continuará aumentando ata (espero) ter un número significativo de persoas e poder facer unha estatística con algo de sentido. Veremos. Ti xa participaches?