-
Pasou unha semana
Pasou unha semana (días laborables) dende as eleccións. Coido lembrar que todos os grupos políticos de Ribadeo levaban dun ou outro xeito unha mellora na limpeza. Pero tardan en poñerse mans á obra… En toda a semana levo visto os mesmos carteis, cada vez máis roídos e algúns medio arrincados. Só o que agora se…
-
Lembranza para a historia
Por orde alfabética:
-
Post resaca electoral. Voltando á normalidade
O luns, despois dunha resaca, é un día diferente. Neses casos, a semana comeza a normalizarse o martes. Algo así pasa coas eleccións. Despois dunha fartura, luns pasa rápido e aínda sobrevoando os resultados. É máis tarde, a partir do martes, cando se baixa á terra e se vai un pouco máis pausado. No caso…
-
Resultados Ribadeo. Eleccións locais 2015 (IV Rematando cos datos)
Para rematar coa base de datos (pode que siga empregando algún dato derivado máis, pero de xeito esporádico), deixo dúas gráficas comparativas 2011-2015 por mesas, vila e campo e total: Coido que o anterior é abondo ilustrativo: O BNG aumentou as porcentaxes de votos tanto na vila como no campo, de xeito semellante, mantendo a…
-
Resultados Ribadeo. Eleccións locais 2015 (III Histórico)
No que vai de século: Onde se pode observar ó tempo unha subida de votos constante do BNG, ó tempo que, a excepción das primeiras elección do século, baixa o número de votos emitidos a partidos, isto é, a participación. E no que vai de democracia, presentado en gráfica e en táboa, primeiro por número…
-
Resultados Ribadeo. Eleccións locais 2015 (II Lista de concelleiros)
Despois dos datos dos resultados das eleccións municipais en Ribadeo 2015, a lista de concelleiros: 1.BNG-Fernando Suárez Barcia 2.BNG-Mari Luz Álvarez Lastra 3.PP-Jesús López Penabad 4.BNG-Vicente Castro Reigosa 5.BNG-Ana María Martínez Fernández 6.PP-María Rosina Tosar López 7.BNG-Xosé Farruco Graña 8.PSOE-Roberto Ramos Piñeiro 9.BNG-Sonia Meilán Vizoso 10.BNG-David Ribas Peña 11.C’s- Marta María Saiz García 12.PP-José Juan…
-
Resultados Ribadeo. Eleccións locais 2015
Primeiro, o titular: O BNG ten maioría absoluta e aínda lle sobra un concelleiro. Despois, os datos: Así, pódese ver que o posto costou 285 votos ó PSOE, 289 ó BNG, 300 ó PP e 407 a Ciudadanos. Tamén se pode ver que ReC quedou a 15 votos de obter escano, que lle restaría ó…
-
Transcurso electoral
Nubes, algo de Sol, vento, moita xente na rúa, xente de fóra, actividade nos colexios electorais da vila, marcan o día. Non parece haber incidentes graves. http://locales2015.mir.es/web/locales2015 Non comprendo algunhas normas sobre propaganda nos colexios electorais, pero non é momento de facer unha análise. Si me chama a atención a cantidade de xente que ven…
-
E fin. Si? E por que non en comezando?
Hoxe, venres, á noite, rematan 15 días de campaña electoral, que comezaron a noite do xoves 7 de maio. Aínda seguen a traer os xornais os rifirrafes dos políticos en diversos lugares, ó tempo que seguen achegando ideas e programas que parecen moitas veces máis sacados da chistera dun mago que de observar as necesidade…
-
O que pesa a campaña electoral
Pretender pesar unha campaña electoral parece algo estraño. Se consideramos o medio ambiente, non o é. O que é, é difícil que calquera veciño se aproxime ás cifras reais. Parecería, pero de calquera xeito, poden facerse algunhas aproximacións. Non pretendo pesar os grandes carteis plásticos que penden das farolas, ou os pendóns da rotonda do…