Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.245 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: educación

  • No día das letras galegas

    Avda. de Asturias e Alza Pasando por Meira, pode verse unha e outra vez o letreiro ‘Miño‘ antes de cruzar a ponte do rego que por alí pasa. Despois de moito tempo de aparecer nos libros de xeografía que son estudados nas escolas que o Miño nace en Fonmiñá (no concello de A Pastoriza), un…

  • De volta á normalidade?

        Despois de onte, parece que debería voltar a normalidade. Pero, que normalidade? O esquecemento tanto de que a construción da nave xa comezou un longo proceso que non se detén polo que opinou un pobo enteiro antonte? A volta a pensar no PXOM, para o que xa quedan menos de tres semanas para que…

  • Novos retos, novas oportunidades: unha entrada fóra de contexto, para a revista do IES Porta da Auga

    Cando se estuda ós seres vivos, soe comezarse pola descrición do seu ciclo vital. De xeito básico, nacen, medran, aliméntanse, reprodúcense e morren. O ciclo pode cortarse en calquera momento debido a causas diversas. Estámolo vendo tódolos días coa xente, vendo a incidencia dos accidentes nese ciclo vital, ou mesmo a diferente taxa de desgaste…

  • Elixir colexio libremente favorece a eficiencia educativa e económica

    O título corresponde a un artigo, lido por min o mesmo día que coñecín asemade os entresixos da nova estrutura dos centros de ensino medio en Ribadeo, algo que parecería ir en contra da liña marcada no título. En resume: Desaparecen os IES Porta da Auga e Dionisio Gamallo. Créase un novo IES, único en…

  • Movida

    Despois da visita a Lugo onte das direccións completas dos dous IES de Ribadeo, o Porta da Auga e o Dionisio Gamallo, hai espectación sobre que o que pasou (e, sobre todo, o que pasará). É a primeira volta que lembre alomenos dende o ano 1982 na que se presentan en Lugo as direccións completas…

  • 98 euros

    Ese será o prezo das fins de semana subvencionadas en Ribadeo, viaxe en Feve incluído. O concello, de novo favorecendo á hostalería ribadense. Como debe ser. Pero, postos a favorecer, tamén debería lembrar de favorecer á xente que se ve afectada por parte desa hostalería, esixindo dunha volta que cumpra a lei. E ten unhas…

  • Begasa, galego e estrutura

    Onte participei no debate de Onda Cero na Mariña. Había máis temas, pero quedámonos parados no do corte de luz. Comezamos por sentimento e opinión, e logo pasamos a unha parte máis técnica, na que entraron non só a infrastrutura (non só deficiente, senón tamén pequena xa en Ribadeo), senón a legalidade (a distribución de…

  • De O Tesón e máis

    Dende o Tesón estamos a impulsar algún tipo de protesta polos cortes de luz, e ise é o motivo primeiro de convocar a xuntanza da Mesa de Asociacións que terá lugar ista tarde. Como outro tema que a bo seguro se tocará, está o PXOM, xa en prazo de alegación. Ó que a case seguro…

  • Esforzo persoal

    Ana Ferradás volta a ser nova: outra vez, campeona de España de 100 km non me fixo tanto no título renovado, senón na vontade manifesta ano tras ano para unha traballadora que día a día ten que estar no super atendendo á xente antes de poñerse aentrenar a un ritmo que lle permita aguatar os…

  • Falta auga na terra da auga

    E claro, cóllenos por sorpresa. Estáse a falar de infrastrutura, tentando botar a culpa a que nos últimos 30 anos (enténdas, PP), non se coidaron as infrastruturas. O lema parece ser ‘mellor botar a culpa ás cousas e ós outros que non votan ou non nos van votar, que a nós memos, a todos nós,…