Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.495 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: educación

  • David Antonio López Álvarez

    Ribadense. Ten exposto moitas veces ó longo do viciño mundo mundial, ten estado en conversas para crear unha sección de museo destinada á súa colección, mesmo coido que un museo enteiro, ten… exposto por última volta en Ribadeo hai moitos anos na Feira da Ciencia, se mal non me lembro. Non ten unha colección de…

  • O factor humano

    Transcribo unha frase que collín onte de El Progreso, do artigo ‘Farsa en Washington’ de Abel B. Veiga. “Señores, o mercado non fallou, como tampouco o sistema financieiro e monetario mundial. Fallou a codicia, a vanidade, a soberbia…” vamos, o factor humano. Pero os sistemas políticos e economicos, as leis, están feitas para regular o…

  • Asumido

    Máis ou menos, está asumido: un presidente negro escasas dúas xeracións despois da abolición da segregación racial nos EUA. aquí non hai segregación, pero, alguén imaxina un presidente xitano?

  • Ribadeo, Cortijo

    Tomo o título a partires dunhas declaracións de Andina en relación a Balbino Pérez Vacas, que coido deberan ter máis repercusión, pois o de considerar o concello como propiedade e non como deber de administración é algo extendido entre os alcaldes. Pero non só parece ser cousa de alcaldes o trato a Ribadeo (e á…

  • Un artigo alleo

    Vexo hoxe no blog de Jorge Cortell varios artigos que me gustan sobnre política, ideas e sociedade. Deixo só unha ligazón, que fala no mesmo sentido que teño feito eu en moitas ocasións.

  • Asimetría

    Vexo a nova de que o Concello de Castropol foi multado por Medio Ambiente con 600 € polos verquidos en Penarronda, procedentes do Polígono Industrial de Barres. Algo que xa saíu no blog con anterioridade e que fixeron ver os ‘Amigos del concejo de Castropol’, que tamén teñen alertado das deficiencias dos verquidos á ría…

  • O activismo serve para algo: demostrado

    Un pouco en relación co artigo anterior (‘Wifi no rural’), deixo unha ligazón para amosar que o activismo serve para algo. En concreto, para tender a que xurda o que se reivindica. Parece unha perogrullada, pero non é, pois unha boa parte (se non é a ampla maioría) das reivindicacións do pobo (ou sexa, a…

  • Movementos, pero non á vista

    Parece que antonte foi a presentación do curso na Escola Municipal de Música; entérome a auga pasada, e seguro que habería algún cartel ou mesmo que enviarían hai tempo algunha comunicación ás casas. Pero polo menos, non son consciente de ter visto nada deso. E xa teño escoitado de varias persoas que non se enteraron,…

  • Edificante?

    Non, non me estou a referir á ofrenda ós Remedios do noso alcalde do BNG, nin a reclamación de máis infrastructuras xunto co obispado nun acto no que planeaba tamén a cesión do antigo edificio do colexio das monxas na r/Trinidad para albergue, nin tampouco a cousas máis lonxanas como o uso de fondos públicos…

  • Oportunista

    Uso o termo que na xuntanza galaicoastur de onte un conselleiro lle chamou a alguén que defendía a ría coas súas preguntas. Só eso. Oportunista. diante dos medios, diante de ‘todo mundo’. Dito por quen está a facer cousas como mandar amañar o saneamento dalgún pobo da ría con anos de retraso en relación á…