Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.395 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • Unha mención dun libro, ‘Contabilidad agraria’

    Xa é do 93, do ‘Servicio de publicaciones de la Universidad de Oviedo’, escrito por Alberto Mediavilla e Miguel López Rico, 89 páxinas, con prólogo do Dr. A. López Díaz. Xa non se atopa nas librerías, e queda un pouco vello en relación á contabilidade actual (ó plan de contabilidade que se esixe) pero é…

  • 50 anos e un día

    Onte culminaron as celebracións dos 50 anos da Comunidade Económica Europea, hoxe UE. Un día despois, eses 50 anos e un día da para pensamentos carcelarios e para pensar no futuro, unha auténtica amalgama de pensamentos sobre unha estrutura complicada como a da UE. Non estamos atados como en prisón dentro da Unión, pero podemos…

  • Reincidencias en Ribadeo

    Os domingos en xeral son parcos de novas. No blog, despois das tres entradas de onte, sobre Ribadeo só teño que comentar dos ruídos da noite e do incumprimento horario dos locais, dos que xa estarán fartos os que me siguen de xeito asiduo. E dos de anteanoite, venres a sábado, na que outro veciño…

  • Unha (ou catro) chamadas de atención

    As fotos dan moito de si. As de hoxe son 4(+1) de Ribadeo para chamar a atención (e a unha para plantear unha visión diferente). A Primeira, igual que as outras, unha denuncia xa coñecida: o lixo e a separación, o do cacareado ‘burriño ecolóxico’, non sei de onde se sacou ou como houbo que…

  • Pobreza en Ribadeo

    A coexistencia de novas de signo contrario non é unha excepción, senón que ocorre moitas veces. Ese ‘signo’ non indica que digan o contrario, senón que expresan facetas da realidade que chocan entre si. Así, a pobreza que hoxe sae na prensa non é contraditoria con que o CCA siga a promocionar o comercio cun…

  • Ribadeo, problemas comúns

    Xa vai sendo común que haxa algunha nova de Reinante; esta vez, que deixe de ser Deputado Provincial, pero a min non deixa de asombrarme: onte mesmo pensaba que a historia rematara. De calquera xeito, refírome a historias comúns doutro xeito: volve o anuncio de que se repara a estrada do monte (e xa van…

  • O ruído entra na campaña electoral en Ribadeo

    Parece ser que o efecto dos recordatorios na prensa dos últimos días sobre que hai un ano que saíu a sentencia acusadora do concello no tema dou ruído en Ribadeo estáse a deixar sentir: JC Andina dexouno caer en declaracións onte, acusando ó goberno municipal de ‘facer o indio’ co tema do ruído. Eso non…

  • Unha referencia externa a Ribadeo (II)

    Un erro deixou sen poñer no post anterior (‘Unha referencia externa a Ribadeo’) a ligazón á cita sobre Pescanova no ‘El País’, a cargo de Suso de Toro, que agora deixo aquí. En canto a concellos e responsabilidade, onte en El Progreso/A Mariña saiu unha entrevista ó presidente da APEC na Mariña, na que se…

  • Unha referencia externa a Ribadeo

    Con Pescanova topamos. Agora non ven ,e o alcalde, despois de analizalo e abondo despois de ‘perder o cu’ no asunto, chega a conclusión de que é un xeito de presionar ós políticos. Deixo aquí unha cita a ver e presento unha proposta tendente a solucionar algo do problema (neste caso hai máis cousas): que…

  • Excelencia ou o que pode facer a propaganda

    En tempos pasados, podíase dicir que a fe movía montañas. Hoxe o que move montañas é a propaganda. Dende que xente como Goebbles a puxera de moda de xeito tráxico no ámbito político, ten evolucionado moito e ten sido posta ó servicio de diversas causas. É certo que Ribadeo ten condicións naturais para ter turismo.…