-
Os problemas do leite
É certo que a producción de leite, de xeito direito, afecta cada vez a menor número de persoas ó estaren máis concentradas as gandeirías. Pero en plena crise, unha rebaixa de 0,03 €/L pode significar moitos cartos para cada gandeiro e para a comarca. E un aviso de cambio de empresa de recollida dunha semana…
-
Sobre a liña de alta tensión. Unha nota con sinatura.
RESPOSTA DO SR. ALCALDE Mes e medio despois de rexistrar no concello de Ribadeo un escrito asinado por 163 veciños, solicitando información sobre o tendido de outa tension e a subestación electrica, os primeiros asinantes de cada folla de sinaturas recibimos unha escrita do Sr. Alcalde, de aproximadamente medio folio, onde ven a confirmar o…
-
Meditación sobre a crise
chegoume un .jpg (grazas, tocaio) con algo de Einstein sobre a crise. Permítome dubidar da autenticidade da cita de Einstein, a pesares de que leve a súa sinatura e foto, pero se non é del, non está mal traído: a crise pode ser unha oportunidade para mellorar (non é que sexa máis doado mellorar coa…
-
Estratexia comercial e non comercial
Nao Voz da Mariña de hoxe hai unha nova sobre o Lidl que se poñerá entre o Brico King e os Ferros Alonso, e non deixa de ser curioso algún dos exrtremos que se manifestan nela. Así, que vai a ter unha entrada direita (o que benefiará as ventas), pero que para facelo tivo que…
-
Aposta forte
De tiras e afloxas pásase xa á protesta procurando apoios. O mercado dos mércores, inactivo excepto unha pequena representación de produtos da horta, pasa a unha nova fase ó convocar os comerciantes unha manifestación para o día 11, unha volta calmado o tema das eleccións. Esperan que os ribadenses os apoien. E creo que se…
-
… O mundo é complexo …
… por iso hai que ser sensatos e ver as facturas: estamos xogando cos nosos cartos en luz, teléfono, internet …
-
Pasou o mércores
E con el, as especulacións desta semana sobre o mercado. Hoxe, nova xuntanza dos políticos. E mentras algún xornal comeza a falar do ‘extinto mercado’, onte os cochea aparcaron no lugar e foron multados. Claro, se non hai mercado … pero o caso é que si, aínda que poucos vendedores se dispuxeron, os labregos…
-
Vaia novas…
A cadros. Así queda un despois de ler algunhas novas. Non é aquelo de novas totalmente especiais, porque multiplícanse, fánse normais e a xente non reacciona, co que perden non a capacidade de impacto, senón o impacto real. Xa levo comentadas moitas, pero de cando en vez é un exercicio voltar a facelo con algunha…
-
Edda Frende
Botado por Astilleros Gondán o 6/2/2009, o remorcador está agora mesmo en Mirasol, como se ve na foto que acompaña e moito mellor nalgunha das que se deixan abaixo de referencia. Como o Edda rematado hai dous anos, o Edda Fram (xemelgo diste, que saiu de Ribadeo o 7/7/7 aproveitando a marea para non tocar…
-
Electricidade, custo e distribución
Pódese entender que unha facturación sexa mensual con estimacións un mes e medidas outro? O que hai é unha tomadura de pelo na que non se quere aumentar persoal para cubrir postos a pesar das reformas legais. Begasa viña facturando cada dous meses. Agora ten que facelo cada mes. E para adaptarse non se lle…
