-
Controlo os meus cartos, controlo a miña vida
O título corresponde a un traballo premiado. Fíxoo a xente que recibe educación no Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo, e o premio foi do Banco de España. Parabéns ós nosos veciños! Tentando enterarme de algo máis, chego ó discurso do Gobernador, pero non ós traballos. E faigo algún comentario antes de deixalo reflectido a continuación:…
-
Do leite que se produce en Galicia: unha entrevista a José Ángel Salvatierra na revista Irimia
Onte, José Ángel Salvatierra, enxeñeiro técnico agrícola con ampla experiencia no agro galego e tamén coñecedor do sector en toda Europa, pasoume a revista Irimia co que coido é unha interesante entrevista que lle fixeron (fíxolla Daniel López). Velaieiquí: “Os tractores na rúa foron portada, os prezos do leite caeron e as explotacións producindo á…
-
Refuxiados? Non! Volkswagen!
As cousas, no seu sitio. Unha crise humanitaria (e polo tanto, tamén social e económica) a nivel continental (ou mesmo intercontinental, segundo como se conten os continentes) non pode facer fronte a unha fraude do fabricante de automóbiles maior (hoxe xa se fala de segundo, ou menos) de automóbiles do mundo. A fraude non é…
-
Aportación á solución do conflito do leite
Un conflito en vías de solución, din. Un conflito no que o sector produtor segue como parte débil, só mantida polo apoio social que presiona. Unha volta destrozado o pouco tecido asociativo de produción, e mesmo sen capitais galegos no sector de transformación (se iso poidera ser un atenuante), a solución aparenta ser fráxil, un…
-
Economía ou asalto
Esta tempada estamos vivindo na Mariña situacións que, por repetidas, non deixan de ser cada vez máis desastrosas e manifestación dunha tendencia que vai moito máis aló da nosa xeografía local. Poderían darse máis exemplos, pero hai dous que sobresaen, e non timidamente, sobre os demáis. Un é o de Alcoa. Un ano máis, celebrouse…
-
Do traballo ao triunfalismo
Onte, luns tres de agosto, o concello despachou tres novas de prensa. Unha, co anuncio de simulacros nas praias, outra anunciando a apertura de prazo para un taller de harmonización corporal, e a terceira, de “Ribadeo, a tope“. Coido que os títulos, copiados da web do concello, xa son abondo ilustrativos da liña que seguen…
-
Máis sobre a débeda de Ribadeo
Hai poucos días, unha entrada no blog, A débeda de Ribadeo, agúns datos, botáballe unha ollada a ese apartado das contas do concello que resultan tan pouco intelixibles, ou transparentes, ou … Hoxe atopo unha web con datos semellantes. A imaxe da conta deles: (http://cartodb.com/attributions?utm_source=Footer_Link&utm_medium=referral&utm_campaign=Embed_v1&utm_content=Attributions&utm_term=infografia-02-elpais) Segundo eses datos, a débeda do concello entre finais de…
-
A soldada dos alcaldes (artigo de José Mª Rodríguez Díaz)
Collido de http://cargadoiro.blogcindario.com/2015/07/00428-a-soldada-dos-alcaldes.html: Non son afastados os tempos nos que os alcaldes – a economía expresiva inclúe o correspondente feminino deste masculino gramatical – exercían o seu cargo sen remuneración económica ningunha. Tempos, nos que a xestión da res pública municipal carecía da complexidade e das dificultades que hoxe lle son inherentes. Tempos, nos que…
-
leite e tráfico, entre outras
Onte mesmo desenvolveuse unha manifestación a nivel Galicia polos prezos da leita pagada ós gandeiros, a súa recollida e en xeral, os problemas do sector. Dous días antes era a DGT, Tráfico, quen anunciaba que reducía en Galicia as sés dos exames de conducir, quedando na nosa zona afectado Foz e todos os usuarios previstos…
-
De Ribadeo a Grecia, pasando por Madrid
Onte Votouse o rescate en Grecia. Tamén en Madrid, o rescate de Grecia será votado. Resulta curioso que se vote unha axuda relativamente pequena a Grecia para escenificar que nos debe cartos, que estamos todos implicados, que eses cartos son nosos, e que hai unha diferencia fundamental con Grecia: nós deixamos, eles piden; e así,…
