-
Fala, pobo, fala
Recollo o estribillo da canción das primeiras votacións cando viu a democracia para lembrar que a democracia non é só ‘falar’ cada certo tempo nas urnas, senón tamén actuar. Na defensa de dereitos, actitudes… da propia democracia e da sociedade e cada un dos seus membros. Anda estes días sobre a mesa o tema do…
-
Ribadeo Indiano 2017
Xa saiu. Xa podes engaiolarte coa recreación indiana de Ribadeo, procurada por Fernando Suárez para a promoción indiana de 2017. Porque é o alcalde o que abre as curtas historias que foron colgadas onte na rede e que serán moi vistas en Ribadeo e alén. O vídeo é un éxito sen paliativos: en 18 horas…
-
Preparándose para a acollida de turistas
Mentres que están case ocupados a tope, os bancos da zona de San Francisco tamén están a ser pintados. Chega o verán e parece que un ano máis as labores que sería desexable ter feitas con anterioridade amoréanse solapando coa ocupación do pobo por xente de fóra. Os negocios privados (algúns) van máis adiantados. Así…
-
Irmandiños, Ribadeo
Vai ser a xuntanza anual da cooperativa Os Irmandiños, e a conto dela os medios teñen recibido información previa, que difunden. A cooperativa é tratada como un referente do cooperativismo en Galicia, algo que, co permiso de Coren, coido que ten algo de realidade. Nada diso aparece na web da cooperativa, que é totalmente comercial…
-
Difundindo o goberno de Ribadeo
Onte, 26 de maio, apareceu na web do concello, con catro días de antelación, a convocatoria do próximo pleno, que será o luns 30. En realidade, dos dous próximos plenos, pois haberá un ordinario e un extraordinario o mesmo día. Un conxunto que non lembro que ocorrera ata agora. Estamos de noraboa. A nota de…
-
Corre, que te pillo!
Algo diso deberon pensar os directores económicos dese ente que se chama España: corre, débeda, que se non ímoste pillar e a este xogo xa non imos xogar! Onte era a nova de prensa: a débeda pública xa alcanzou ó PIB. Iso significa que os españolitos teriamos que pasar un ano enteiro sen recibir un…
-
Doutro lugar. Capitalismo, comunidade e illa Pancha
Despois de tempo de traballo por conseguir algo en común, comézase a ter a experiencia para mellorar ese traballo, e tamén para velo cun sentido máis amplo. Un vello libro (preto de dez anos) sobre a nova economía que o fenómeno de comunicación en internet permite chamoume a atención pouco tempo atrás por algúns parágrafos…
-
A economía (nova) de Ribadeo? de que falas?
Ribadeo está desindustrializado. Quen o industrializará? O industrializador que o industrialice bo industrializador será. Non é un bo trabalinguas, mais podería significar algo abondo consoante co que moita xente pensa. Chocaría isto coa deriva cara ós servizos que, sen ser planificada nin coordinada, ten tomado Ribadeo? Como polo momento non e previsible que ocorra, só…
-
ACISA ten oito asociados máis (máis ou menos)
Hai dous meses e medio, comentaba a convocatoria por parte de ACISA de subvencións a asociacións. Hoxe a prensa especifica as subvencións: – de 600 €: Asociación Amigos de la Semana Santa Cabalgata de reis SD Ribadeo Asociación deportiva veteranos Ribadeo FC Ribadeo FC – de 400 € Ribadeo FS – de 300 € Heroican…
-
Es princesa, es rosa, es consumista, es nai.
Mentras a a portada da web de ACISA Ribadeo segue cun ‘volvemos pronto’ chantado nunha bonita imaxe da illa Pancha coa planta invasiva en flor (así, dende abril de 2015, aínda que polo interior hai ‘cousas‘), o seu Facebook non deixa de sorprendernos con actividades do máis diverso. A última polo momento, unha campaña enfocada…
