Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.393 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: economía

  • De novo, a ría (3)

    O tráfico mariño na ría en xeral non se pode seguir por ser embarcacións demasiado pequenas, pero si podemos ter unha idea de embarcacións un pouco máis grandes, como a información que da http://www.marinetraffic.com. Mesmo cousas curiosas, como a referencia de entrada dos tres barcos que onte compartiron peirao. Non teño foto dende a ría,…

  • Manobra dun cargueiro para entrar en Mirasol

    Moita xente de Ribadeo veríao multitude de veces. Algúns, ningunha. Na ría de Ribadeo, ó natural, está dispoñible moitas veces ó ano, aínda que segundo as características a manobra pode variar algo. O vídeo é sinxelo, e permite ver a entrada dun cargueiro, este domingo pasado, con marea morta rematando de subir, dende o paso…

  • 300 euros diarios

    300 euros diarios.  Segundo a nota de prensa do concello, ese é o éxito medio, cifrado en vendas, das casetas que participaron na IV edición da feira do libro de Ribadeo. ‘Uns 10 000 €’ entre 11 casetas, entre 3 días. Non sei a porcentaxe que lles queda ós libreiros, e polo tanto non podo…

  • Servizos panameños para consumidor ribadense

    Non sei se é unha campaña xeralizada, un erro de envío, unha campaña personalizada… pero levantarme e ver que me ofrecen, por correo electrónico, un servicio de asesoría en Panamá, deume por un momento un sentemento de corrupción e avantaxes fiscais ó tempo que de chanza que non é moi doado de describir. Só a…

  • Razoando sobre FEVE

    30 de maio. Falta 1 día para que expire o convenio Alcoa–Feve para transportar 5 días á semana unhas 80 000 toneladas de aluminio dende S. Cibrao a Amorebieta. O que ven representando uns 80 vagóns semanais, ou, alternativamente, podería supoñer uns 150 camións semanais. Certo, a estrada da Mariña xa está abondo conxestionada como…

  • Ampliando a vía verde do ferrocarril mineiro

    Alcaldes en acto protocolario Onte un grupo numeroso de xente reuniuse para recorrer a ruta do ferrocarril. Que cambiou en relación a outras veces? A convocatoria, feita polo grupo Albións de A Pontenova, foi a correspondente á décima edición das andainas anuais que organiza o grupo. Ben organizada, como soen, era a primeira vez que…

  • Non vin en tren… porque non hai tren

    Dende hai algún tempo, a situación da liña de FeVE Ferrol-Xixón non deixa de deteriorarse acusando a falta de mantemento e a escasez de trens e persoal, o que levo tratado en diversas ocasións (‘Papá, ven en tren‘ é un exemplo do conxunto). Isto levou a un grupo de alcaldes da zona galega (mal organizados…

  • DECADENCIA DO PORTO NATURAL MARÍTIMO COMERCIAL DE RIBADEO. Francisco José Campos Dorado

    Zona portuaria de Ribadeo dende Castropol.png Fai tempo que veño dándolle voltas ó “magín”, para entender como é posible que a vida de Ribadeo, que se desenvolveu ó longo da súa historia case de forma autárquica, haxa perdido todo tipo de goberno autónomo municipal. Enténdase, neste caso, autarquía, como unha política onde Ribadeo valíase dos…

  • Cada vasco pagará 90 € menos ó estado o próximo ano

    192 millóns de euros menos, co pacto PP – Ciudadanos – PNV, e uns 2 200 000 vascos. Iso é o que sae aproximadamente: algo menos de 90 € por persoa a ingresar nas arcas estatais o próximo ano, se a persoa é vasca. E Galicia? Coido que as contas non saen igual.Q ue hai…

  • A preocupación pola corrupción

    A preocupación, actuación. Iso, coido, debera ser. Mais aquí as cousas van por outro lado. O de ‘que inventen eles’ debeu xeralizarse para que agora quede en ‘que actúen eles’. E moi amrdazado está o país para que, cos nivis rampantes de corrupción coñecida, aquí non pase nada. Onte saiu á luz a última enquisa…