Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Reposición de vidrieiras. Nota de prensa do concello

    Reproduzo embaixo a nota de prensa do Concello sobre as xornadas de portas abertas para contemplar as vidrieiras do cemiterio, algo en liña co pedido reiteradamente pola AVV O Tesón e neste blog. Como comentario, destacar que non é o mesmo que aparenten igual que que teñan a mesma calidade, algo que é dubidoso que…

  • Pàmies

    O sábado pasou por Ribadeo, de xira, Josep Pàmies. Foi o grupo de consumo As Grelas quen fixo posible e a quen hai que agradecer que se achegara a un cine-teatro cheo e con xente en cadeiras pregables. Antes, estivera en Lugo e despois coido que ía a Pontevedra. A charla comezou ás 12 da…

  • Ribadeo e o libro

        Vexo hoxe a nova de que Ribadeo vai recuperar a feira do libro. Vinte anos teñen pasado dende que a organizara a A. C. Paco Lanza. No medio, un intento do concello, sen chegar a bo porto pola crise, segundo explicaron. Agora, ven de mans federais: da federación de libreiros galegos. Diría que algo…

  • Suso Peña

    Dun amigo chégame unha ligazón que non me resisto a poñer en común. Trátase dun vídeo curto sobre Suso Peña, e quizáis deba dicir que non aporta moito novo a quen o coñecera, pero non por iso deixa de ser un documento a conservar e ollar: Que o desfrutedes!

  • Para ler

    Farruco Graña non é de Ribadeo e é de Ribadeo. Coido que leva o ser de Carballo a moita honra, e tamén o levar xa tempo afincado en Ribadeo. É dos que se ten ganado a pulso os méritos para o título de ribadense. Unha pequena biografía no sito da AELG non da fe dos…

  • cousas de Ribadeo: pleno, anuncio, feira, voto partido … e vidrieiras

    Hoxe xoves, pleno. Entereime onte pola mañá a traverso dun xornal e fun á web do concello en procura de máis información. En vano, pois atopo a nota de prensa dos medios, pero atopo pinceladas, sen unha orde do día. Reproduzo o que alí puñia: ” SERÁ A PARTIRES DAS 20 HORAS O xoves haberá…

  • Morte do herdeiro do poeta

    Remato de enterarme, por aviso de Angel Alda, da morte no Uruguai de Paco Trelles, neto de herdeiro poético de ‘el Viejo Pancho’, o poeta gauchesco nado en Ribadeo. De Paco Trelles pouco se comenta en Ribadeo, ó contrario do que se fai co seu avó. Tan tenues son as relacións familiares. Aínda así, por…

  • Ribadeo era unha cola

    Parodiando a Hemingway, coido que é unha frase que reflicte o que pasaba onte en Ribadeo. Despois do cheo musical de Magnificat antonte, onte a obra de teatro presentada pola agrupación ribadense no Cine Teatro deixou fóra a unha cantidade de xente equivalente á que había dentro. A fila descompúxose cando chegaba case á esquina…

  • Chegaron as actas de Ribadeo

    Corto e pego a nova dende a páxina co concello: ” DESDE ESTA TARDE ESTÁN NO CONCELLO Libros restaurados 09/01/2014 O alcalde, Fernando Suárez, recolleu hoxe na sede do Arquivo do Reino de Galicia os preto de 40 libros dos séculos XVI e XIX que foran remitidos desde o Concello para a súa restauración hai…

  • Cantos de Nadal … e residuos

    Con retraso, como xa mo fixo notar alguén, unha referenza completa dunha actuación entre as actividades culturais do Nadal 13/14 de Ribadeo. Ista, organizada pola Agrupación Belenista como complemento ós seus beléns, desenvolta na traseira do ‘Belén Florentino’. As bandas sonoras e o vídeo, tal como foron recollidas in situ. Canto de resises de Mosende…