-
Un paseo por Ribadeo: ribadeando
Onte non quedei a gusto co resultado do post “Historia e coñecemento de Ribadeo“. Por iso, hoxe presento de xeito rápido un pequeno paseo de escasos oitocentos metros e algúns dos moitos comentarios que se poden facer del, coñecemento de Ribadeo e a súa historia, mesmo obviando a maior parte de observacións máis coñecidas. Comezo…
-
A unión fai a forza, e a forza…
-
Conservación da natureza, conservación de nós, desenvolvemento da zona
Onte tivo lugar a primeira actividade do ciclo da AVV O Tesón “Visións do medio ambiente dende Ribadeo“, a proxección da curta vídeo documental “Desarrollo y vinculación del turismo con la conservación de la naturaleza”. Tanto no vídeo como despois na charla entre o público asistente quedaron patentes unha serie de liñas que estruturan os…
-
Como pícaros
Un amigo envíame tres fotos tomadas esta Semana Santa en Ribadeo. Coido que a cousa está clara: os pícaros non tiñan un espazo ó que estaban afeito e recolonizarono. Ata aí, algo normal. Que se podan saltar a limitación de xeito tan doado cando a limitación é precisamente para que non a salte, xa non…
-
XXI Feiras de ciencia en Ribadeo
Hoxe comezará un pequeno evento a cargo de pequenos que se forman para o seu futuro. Como todos os anos dende o 1995, abrirá de novo as súas portas a Feira da Ciencia de Ribadeo. Unha feira de, por e para pícaros, con pequenos estudos en ciencia, algunha demostración, recuperación de aparellos antigos, coleccións de…
-
Actos de Semana Santa en Ribadeo
Deixo o tríptico informativo da Semana Santa de Ribadeo ó comprobar que, nestes momentos, aínda non está espallado na rede. E outras actividades, por esta volta todas sen comentar máis aló do que pon onde obtiven a nova. Algunha cousiña máis programada para estes días: De Ribadeo.org: DE LUNS A MÉRCORES HABERÁ DEPORTE NO CANTÓN…
-
Un mapa para gozar
-
8 de marzo na Galipedia
Logotipo feito para o aniversario pola Galipedia Por unha casualidade, o oito de marzo non é só o día da muller, senón o aniversario da Galipedia, a wikipedia en galego. A maior enciclopedia sobre Galicia hoxe en día, expresando non só os propois artigos enciclopédicos, senón tamén como se fixeron, a construción de cada artigo,…
-
Eu coordino, ti coordinas…
Non sei cando veu Amancio Prada cun concerto a Ribadeo por última vez, pero sei que ten entidade abondo como para que o auditorio Hernán Naval poda encherse. Tampouco me cabe dúbida de que a queima do antroido en Ribadeo é un acto multitudinario, aínda que sexa de perioricidade anual. Pois collo, miro no correo…
-
O Camiño Primitivo, de Ribadeo a Lugo
Pouco a pouco, a Asociación Cultural Casa das Letras recorre camiño dende a súa creación en setembro de 2011. Neste caso, por partida dobre: a presentación do novo libro potenciado pola asociación, o ‘Caderno de Viaxes Camiño Primitivo‘ será presentado en Lugo, na Galería Sargadelos hoxe mesmo ás oito da tarde. Na presentación, a máis…
