Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.571 posts
45 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Gamallo, Clarín e a Coral Polifónica de Ribadeo

    Onte tivo lugar unha nova entrega dos actos sobre Dionisio Gamallo co gallo do centenario do seu nacemento. No cine teatro J. Rubio Jiménez falou sobre Clarín nos papeis de Gamallo, precedido dunha curta posta en escea de M. Valín, os agradecementos de Toni Deaño e unha longa presentación de Roberto Rodríguez. Despois, a Coral…

  • 11 de setembro

    Ribadeo quedou sumido nunha especie de descompresión da que a bon seguro sairá ó achegarse a fin de semana, comezando polos actos de hoxe (cine teatro) e mañá (librería Vivín) continuarán coa celebración dos cen anos de Dionisio Gamallo. Queda mentres tempo para lembrar das festas, si, pero tamén doutros tempos e lugares. O 11…

  • Pensamentos lixeiros de agosto: medrando con cultura

    Este verán Ribadeo rebosou actos. Imposible seguilos todos. De cultura ou deportes, para un ou outro gusto. O día de San Ramón (felicidades!), o 31 de agosto, Ribadeo xa nota algo o baleiro deixado pola xente que se foi, aínda a pesares de que comezaron unhas festas que alongan o seu nome por máis de…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: unha exposición

    Continuación de familia que expón unida… Resulta que na exposición había unha petición: colgar fotos nunha rede social. Pois vai, aínda que non sexa direitamente na rede. Desfrutaches? Porque diso se trata (tamén!)

  • Pensamentos lixeiros para agosto: familia que expón unida…

    Voltou pola miña cabeza aquel dito de tempo hai, ‘familia que reza unida, permanece unida’, pero aplicado ó Ribadeo dos tempos modernos, unha actividade diferente do rezo e que, sen faltar a permanente unidade, desfruta unida. A cousa vai pola expo dos vestidos das Nancy que se montou a xente Pinona [atención, Nancy, non Barbie!…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: non tan lixeiros! Homenaxe a Dionisio Gamallo

        Mañá comeza. Homenaxe a Dionisio Gamallo. Si, o que ten adicado un busto no parque. Esta fin de semana e no comezo do curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Deixo o díptico e tamén a contribución que sairá na Comarca mañá, no número adicado á homenaxe. Barón de Porcillán     Cando hai algún…

  • Pensamentos lixeiros para agosto: (novo) plan xacobeo

    Hoxe aproveitei a oportunidade de botarme un ‘La Nueva España’ ó garete. Coido que pode dar moito xogo no futuro o que fun albiscando entre as súas páxinas. De pronto, atópome non menos de catro artigos sobre o xacobeo, a máis de otear que un deles é o décimo terceiro dunha serie sobre o camiño…

  • Ribadeo, vila activa

    Ben, non sei se servirá como lema ou non, pero sei que cada certo tempo, en particular no verán, vánseme quedando adiadas novas sobre actividades diversas en Ribadeo. Máis ou menos, a cousa é que as vexo interesantes, cando podo, vou (hai veces que é imposible, e xa non por causas persoais, pois hai varias…

  • Un mapa libre para Ribadeo

    Hoxe OpenStreetMap fai 10 anos. Trátase dunha aplicación aberta, que ti podes editar e configurar, e axudar a facer, e usar… Podes ver a súa evolución aquí, ou ter unha visión xeral aquí. Si, xa sei, posiblemente non escoitaches falar dela, e uses Google Maps, obviando outros posibles como o http://sigpac.mapa.es/fega/visor/. Eu mesmo teño que…

  • Vaites, se hai pleno!

    Collo e miro na páxina do concello. Atopo 29/07/14-Festa do percebe de Rinlo; 28/07/14-Media maratón en Ribadeo, 28/07/14-Adeus ás actividades de verán para @s nen@s; 25/07/14-Aceite usado; 23/07/14-Visitas teatralizadas, e máis cousas anteriores. Nos xornais tampouco atopo nada a primeira vista. E, nembargantes, agora debe estar habendo un pleno (se non rematou xa), cunha orde…