Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.571 posts
45 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • A feira do libro Ribadeo 2015

    Como non, con controversia dende lonxe: que se Ribadeo se desmarcou da Xunta para celebrala, que se Xunta postergou a Ribadeo… A nota, xa de hai uns días no blog do concello, e o díptico coas actividades: Díptico de actividades, ampliable noutra fiestra premendo co botón dereito do rato. — A feira do libro Ribadeo…

  • O tren mineiro Vilaodrid-Ribadeo

    Remato de cargar de novo aquí a publicación sobre o tren mineiro de Javier Ramalleira Fernández que tiña cargada no vello ‘publicado en Ribadeo’.

  • Descrición das nosas costas

    Hai uns días cheguei a un artigo de Pablo Mosquera que me gustou, considerei oportuno publicalo aquí e pedínllo para a súa publicación. Eis: Descripción de las costas Imaxe de José Cornide collida da Galipedia. En el año de 1790, Joseph Cornide, miembro de la Real Academia de la Historia y vecino de A Coruña,…

  • As vidreiras da capela do cemiterio, publicadas de novo

    Sigo coa recuperación de documentos que xa estaban publicados en ‘publicado en Ribadeo’. O libriño sobre as vidreiras da capela do cemiterio xa está en issuu para ver e descargar. http://issuu.com/agremon/docs/as_vidrieiras_da_capela_do_cemiteri

  • “rige un Estado de Derecho que es …piiiii “

    Collo como título unha parte (polo tanto, sácoa de contexto) que me chamou a atención dunha frase do último post de im-pulso, sobre o xeito de comunicar as novas ós medios e a consideración destes, para repetir doutro xeito algo que leva aparecido no blog repetidas veces: a comunicación unilateral nunha sociedade na que a…

  • Paseo polas bocas do regos de Ribadeo

    Hai anos, a raíz dunha actividade no IES Porta da Auga, Teresa Díaz montara un tríptico que titulou así. O paseo, na actualidade, case pode facerse coa ruta camiño das catedrais que se inaugurou o pasado ano. De calquera xeito, a máis das diferenzas de trazado que evitan algún lugar, a orientación de cara á…

  • Letras galegas: Concerto da banda municipal de Ribadeo (20150530)

    Cheo no cine teatro, para variar. Lectura de Farruco Graña e bis e himno galego, incluídos, aínda que non aparezan no díptico-programa. No audio non aparecen as tres primeiras pezas. Mágoa, estábame gustando… E o ambiente? Bo!. O himno, mellor lelo noutro lugar.

  • Difundindo (en) galego. Cousas que quedan de Ribadeo

    O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, no entorno do días das letras galegas 2015, ten feito varias cousas sobre o pasado que compre difundir para o futuro… Revista con L de Local: Libros de autores da zona que están dispoñibles na nosa biblioteca (a do IES): Descargable aquí ou lexible e descargable aquí. Exposición (parte).…

  • Primavera?

    Por esta época, levo posto no blog varios anos algunha entrada de xardíns colgantes. A conto de dúas fotografías que tomei este fin de semana, retomo o tema con algunha variación. A primeira é a foto dunha casa que da a r/ San Miguel. Mellor dito, ós restos do que era unha casa. Vista por…

  • Eva e Fran, ideas e acción

    Pensa como un home de pensamento. Actúa como un home de acción. Na época na que me dixeron o anterior, o de home si tiña unha connotación de masculino, non tanto de humanidade. Pero a idea, pensa como unha persoa de pensamento, actúa como unha persoa de acción, é correcta como mandato, independentemente do sexo.…