Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.402 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • Como pícaros

    Un amigo envíame tres fotos tomadas esta Semana Santa en Ribadeo. Coido que a cousa está clara: os pícaros non tiñan un espazo ó que estaban afeito e recolonizarono. Ata aí, algo normal. Que se podan saltar a limitación de xeito tan doado cando a limitación é precisamente para que non a salte, xa non…

  • XXI Feiras de ciencia en Ribadeo

    Hoxe comezará un pequeno evento a cargo de pequenos que se forman para o seu futuro. Como todos os anos dende o 1995, abrirá de novo as súas portas a Feira da Ciencia de Ribadeo. Unha feira de, por e para pícaros, con pequenos estudos en ciencia, algunha demostración, recuperación de aparellos antigos, coleccións de…

  • Actos de Semana Santa en Ribadeo

    Deixo o tríptico informativo da Semana Santa de Ribadeo ó comprobar que, nestes momentos, aínda non está espallado na rede. E outras actividades, por esta volta todas sen comentar máis aló do que pon onde obtiven a nova. Algunha cousiña máis programada para estes días: De Ribadeo.org: DE LUNS A MÉRCORES HABERÁ DEPORTE NO CANTÓN…

  • Un mapa para gozar

    Recollo a través de Santiago Jaureguizar e Carlos Callón unha ligazón a un mapa de Noelia Gómez para gozar das nosas verbas. Está moi incompleto en relación co que pode chegar a ser, pero abonda para saborear a lingua. Unha lingua activa que mira ti, é nosa. (se non ves para escoitar, pasa o rato…

  • 8 de marzo na Galipedia

    Logotipo feito para o aniversario pola Galipedia Por unha casualidade, o oito de marzo non é só o día da muller, senón o aniversario da Galipedia, a wikipedia en galego. A maior enciclopedia sobre Galicia hoxe en día, expresando non só os propois artigos enciclopédicos, senón tamén como se fixeron, a construción de cada artigo,…

  • Eu coordino, ti coordinas…

    Non sei cando veu Amancio Prada cun concerto a Ribadeo por última vez, pero sei que ten entidade abondo como para que o auditorio Hernán Naval poda encherse. Tampouco me cabe dúbida de que a queima do antroido en Ribadeo é un acto multitudinario, aínda que sexa de perioricidade anual. Pois collo, miro no correo…

  • O Camiño Primitivo, de Ribadeo a Lugo

    Pouco a pouco, a Asociación Cultural Casa das Letras recorre camiño dende a súa creación en setembro de 2011. Neste caso, por partida dobre: a presentación do novo libro potenciado pola asociación, o ‘Caderno de Viaxes Camiño Primitivo‘ será presentado en Lugo, na Galería Sargadelos hoxe mesmo ás oito da tarde. Na presentación, a máis…

  • Tempo de antroido, tempo de desconto en Ribadeo

    A modo de introdución ó antroido. O antroido non comezou aínda, pero xa está na mentalidade informativa e tamén entrou na cabeza da xente  de xeito que aparenta unha excrecencia que tende a ocupar espazo e desocupar pois outras cuestións que o ocupaban. Todo en consoancia con que de feito amplíase de xeito elástico o…

  • Programación lúdica e cultural: antroido, Suso Peña e Amancio Prada

    Esta semana, o correo de Cultura Ribadeo ven cheo. Este sábado 20150214, Amancio Prada no Hernán Naval, ás oito e media da Tarde. O Antroido 2015, facendo das súas… dúas semanas, segundo parece! E tamén, a exposición en memoria de Suso Peña en Turismo Ribadeo Algunha cousa sobre Suso Peña no blogue: Pro homenaxe a…

  • Enquisa do CIS? Non me faigas rir!

    1.Introducindo Hai uns días, un ‘potente medio escrito galego’, á calor da manifestación de Podemos o día 31, entraba nos cómputos de xente como tantos outros medios, pero na páxina 3, se non lembro mal, axustaba nos titulares dunha nova que, dende Galicia, tiñan viaxado a Madrid unhas 10 000 persoas, e que o fixera,…