Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.483 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: cultura

  • 300 euros diarios

    300 euros diarios.  Segundo a nota de prensa do concello, ese é o éxito medio, cifrado en vendas, das casetas que participaron na IV edición da feira do libro de Ribadeo. ‘Uns 10 000 €’ entre 11 casetas, entre 3 días. Non sei a porcentaxe que lles queda ós libreiros, e polo tanto non podo…

  • Finde: de fóra en Ribadeo, e de Ribadeo fóra

    Esta fin de semana acumuláronse en Ribadeo varias citas con aportacións externas ó pobo, e algunha na que Ribadeo aportou tamén para fóra. Aquí queda algo delas. A primeira, a celebración do ‘día do orgullo’. Así, sen máis, aínda que evidentemente, pola bandeira e pola nota de prensa, refírese ó orgullo do colectivo lgtb. O…

  • A feira do libro de Ribadeo, que comeza hoxe

    … terá novidades, centrarase no próximo… Os tenderetes xa están montados. E o programa, a continuación. … e a nota de prensa do concello: CONTARÁ CON 11 CASETAS DAS QUE 6 SON DE LIBREIROS LOCAIS IV Feira do Libro 26/06/2017 Entre os días 30 de xuño e o 2 de xullo terá lugar en Ribadeo…

  • Cortezón, Suso Peña e As Covas do Rei Cintolo

    Unha publicación de Daniel Cortezón do ano 1956 publicada por Galaxia é republicada agora por Gráficas Lar Editora, acompañada do breve cómic de Suso Peña sobre o mesmo tema. A edición é facsímil, cedida por Galaxia, e o cómic de Suso Peña, como foi escrito, en castelán. Unha sorpresa editorial que sae a 10 €…

  • Reseña de dúas actividades conectadas: roteiro a partir da illa Pancha e presentación de BirdFlyway

    Hai uns días deixei a convocatoria das dúas actividades, promovidas por ‘Por Nuestro Faro‘ e agora paso a deixar un breve resume do acontecido nas mesmas. A primeira realizada, venres 21 de abril ó anoitecer (dous días antes do día do libro, hoxe), na casa das letras, foi a presentación de BirdFlyway, libro de Antonio…

  • Adeus, España! Benvida, Marca España!

    Aínda non me recuperei do susto de que onte, El Rey presente, foran nomeados embaixadores honorarios da marca España. Si, si, da Marca España, non de España. Traducido, embaixadores do nome comercial e produto dunha suposta empresa España. De xeito oficial, aínda que, polo momento, honorarios. Aínda non, pero como se xa tivera sido así…

  • Muller traballadora, repetindo estereotipos

    Unha semana de traballo por diante pode verse de moitos xeitos. Dende con desesperación ante un traballo que non gusta e que se amontoa ata con naturalidade ante un traballo que apaixoa e que se fai con gusto. Séxase muller ou home. Son consciente de que soe haber diferencias diversas, comezando polo ‘traballo fóra do…

  • Unha entrada para Suso Peña

    Suso Peña ten unha entrada na Galipedia. Por razón de licenza, eliminei (polo momento, de xeito provisional) unha imaxe que eu mesmo cargara hai tempo, co que a entrada quedou lixeiramente diminuída. Como sabía que ía quedar así, tomei pantallazos dela para que quedara constancia de como estaba, á espera de engadir máis contido. Aí…

  • Dise Sicixia

    Sicixia é o aliñamento de corpos celestes. Algo que o director da película, Ignacio Vilar (Pradolongo, Vilamor, A esmorga…) tenta reproducir a escala humana nun film que resulta ser o son, a imaxe e a vida da Costa da Morte plasmada a traverso dunha historia mitolóxica moderna. As sensacións envolven ós personaxes, que loitan como…

  • Gran reserva

    Como emparedada atopamos nos medios a nova do Premio Crítica 2016 a Iniciativas Culturais e Científicas ó Observatorio da Mariña pola Iguladade, entre dúas novas da Reserva da Biosfera: a convocatoria dun concurso de receitas e un artigo indicando que a Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón está sen cartos e baleira…