Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: banda

  • Sobre o futuro da banda de música municipal de Ribadeo

    A xuntanza extraordinaria de Amadores da Música de onte comezou como estaba previsto: en segunda convocatoria, e cunha representación total rondando o 4%. Como unha típica sociedade ribadense, nista, que en tempos foi a maior asociación ribadense (segue entre as grandes) parece que os asociados pagan, no seu caso benefícianse, e esquécense de que as…

  • Unha entrada para hoxe: Amadores e o Concello

    Hoxe é a Asamblea de Amadores da Música co punto único. Buceei nas actas do concello para ver as relacións últimas Concello/Amadores (algo non sinxelo hoxe, coa web do concello desconfigurada) e atopei (atención, están desordeados en datas por colateralidade): 1.No ficheiro 23concello_ribadeo_laborais_2004_2006.pdf “Convenio colectivo de traballo para o persoal laboral do Concello de Ribadeo…

  • Sobre a asamblea de Amadores

    O pasado sábado 20121222 tivo lugar a asamblea anual ordinaria de Amadores da Música. Aprobouse de xeito unánime a acta anterior e as contas, que inclúen case 26 000 € de gastos e un saneado balance no que aínda non están incluídos os recibos dos socios deste ano. Detalláronse asemade no apartado de gastos diversas…

  • A música fai ruído

    Aínda está recente o concerto de Sta. Cilla cando sae na prensa unha vista contra o concello por unha querella presentada polo ex-director da escola (á que resulta que chegou tarde, fastidiando toda posible argumentación pola súa parte) e agora transcende que alguén entrou na escola, sen forzar a porta, e fastidiou o instrumental dun…

  • Novas dende a Escola de música

    Vexo no blog da escola de música e da banda unha nota de afirmación da súa labor. Coido que despois da confirmación de dimisión do Presidente de Amadores que deixei o outro día debía poñer tanto a ligazón como unha aclaración: Amadores non é a escola, e a escola non é a banda. A banda…

  • Confirmada a dimisión

    Do Presidente de Amadores da Música, nova que se deu no ensaio xeral da semana pasada e que hoxe confirmei por outras fontes. Coido que non é por razóns máis que de traballo, que era o que en realidade estiven tentando confirmar. Mágoa por Amadores, que se sempre unha dimisión é un momento fastidiado, en…

  • Música para mañá: concerto aquí como en Viena

    De novo, a rede… fai que haxa que substituír o ‘mañá’ do título por ‘hoxe’: Concerto “Aquí como en Viena” A Banda Municipal de Ribadeo, celebra o Venres, día 2 de Xaneiro, ás 20:30 horas do serán, o seu tradicional e recoñecido concerto de aninovo “AQUÍ COMO EN VIENA”, no Auditorio Municipal “Hernán Naval” de…

  • Un par de cousas máis sobre Amadores

    Comezo con algo alleo ó tema: por algunha estrana razón non podo meter fotos no blog, non me presenta algunha opción como a de etiquetado e podo facer ligazóns con dificultade (‘á man’), o que me impide algunha cousa que quería facer hoxe. Despois da referencia de onte a Amadores da Música, lembro que na…

  • As asambleas de Amadores da Música (25/10/2008)

    Asamblea xeral ordinaria de Amadores da música, 20:30, 25 outubro 2008 Nota previa: a ter en conta que esto non é unha acta oficial. Non se recollen todas as intervencións, senón máis ou menos unha síntese. Asistencia, unhas 50 persoas. 1.Leitura e aprobación da acta anterior. Fíxose e deuse por aprobada 2.Estado de contas. Salvo…

  • Amadores

    Hoxe tivo lugar a Asamblea xeal ordinaria e extraordinaria de elección de directiva de Amadores da Música. Como a entrada será longa, comezo cun aperitivo dando sinxelamente os nomes da nova diretiva; noutro momento xa sacarei a crónica de ambas asambleas. Mª Guadalupe Lindín Lanza (Presidente) Mª Cecilia Barcia Villarino Mª Griselda Ríos González Leandro…