Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.502 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Música para mañá: concerto aquí como en Viena


De novo, a rede… fai que haxa que substituír o ‘mañá’ do título por ‘hoxe’:

Concerto “Aquí como en Viena”

A Banda Municipal de Ribadeo, celebra o Venres, día 2 de Xaneiro, ás 20:30 horas do serán, o seu tradicional e recoñecido concerto de aninovo “AQUÍ COMO EN VIENA”, no Auditorio Municipal “Hernán Naval” de Ribadeo.

“Este ano contaremos cuns convidados moi especiais, e continuaremos coas nosas sorpresas para seguir sorprendendo ó público”. “O único que pido é que o pobo de Ribadeo siga apoiando o traballo e gusto pola música que teñen os rapaces e rapazas, e para iso, so fai falta facerse socio e participar nos concertos” comenta Lourenço Cruz.

Aproveitamos a ocasión, dende a Directiva e a Dirección Artística da Asociación Amadores da Música / Banda Municipal de Ribadeo, para desexarlles a todos os socios, asi como o pobo ribadense, un Feliz Aninovo 2009. Non obstante, agardamos unha vez máis a súa participación e o seu aplauso neste tradicional concerto, para comenzar o ano con bo pé.”

Adxunto dúas imaxes: a da banda tomada hai pouco, e, ó seu carón, dunha vella banda:

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *