Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: auga

  • Agora si: comezan as restricións de auga

    Agora si: comezan as restricións de auga

        Hai unha semana, a alcaldía publicaba un bando do que me fixen eco. E mesmo despois, publiquei un artigo (que na Comarca aínda está por saír) indicando que en Ribadeo aínda non había restricións. Pois xa chegaron, como indica o novo decreto da alcaldía:

  • Incendio en Vilaselán

    Incendio en Vilaselán

      Foto de autor descoñecido     Comezado sobre as dúas e media da tarde, queimou unha hectárea de árbores, herba e matorral perto da depuradora, do Castro Das Grobas e da desembocadura do río de Vilaselán. As altas temperaturas, a falta de auga, vento, e posiblemente, a mala intención, fixeron das súas.

  • Augas turbias en Ribadeo, onte

    Augas turbias en Ribadeo, onte

        A imaxe presenta unha mesma xarra chea onte, nun caso, con auga collida da billa, e no outro, con auga mercada embotellada. Aínda que a foto non é moi boa, coido que se pode observar ben a diferenza de turbidez, que non sei a que achacar, pois levamos varios días sen incidencias meteorolóxicas que…

  • Pensando na auga cos pés na terra

      Aló polos 80, o concello de Ribadeo e o centro de Formación Profesional colaboraron de xeito que o principal motivo de iluminación nas festas era un escudo feito no centro. Orgullo para o centro e os alumnos que o fixeron, e aproveitamento tamén por parte do concello. Unha colaboración, como se di agora, win-win…

  • O concello de Ribadeo, a escala

    Collo un post de hoxe mesmo de fqribadeo e engádolle unha foto da ESA co concello de Ribadeo aproximadamente a escala para comparalo cun iceberg recén forneado na antártida: Auga para Ribadeo para 300 000 anos Auga para Ribadeo para 300 000 anos: ese é o resume do ‘último polo momento’ iceberg desprendido da Antártida:…

  • A contaminacion no río de Vilaselán

    Hai anos, en un estudo feito para unha das primeiras feiras de ciencia de Ribadeo, apareceía dentro da serie de fotos do río de Vilaseán pingas caendo do tubo de desaugue da antiga depuradora, ben por riba do nivel da marea baixa, no último recodo antes da saída ó mar. Moito cambiaron algunhas cousas dende…

  • Verquidos: ate a próxima

    Si, xa o sei: o dos verquidos tocaba hai un mes, non agora. Pero diso se trata, os verquidos volverán a ser actualidade cando nos volte afectar de xeito directo. E mentres? Non habería que ir loitando para que non volvera ocorrer? Porque denuncias, habelas, hainas, reproches, tamén, pero solucións, iso de ‘problema resolto’, coido…

  • Fervenza do Pozo Mouro

    Entre outras moitas novas, ás veces é convinte fixarse nalgunha das menos relevantes. Non porque teñan algo oculto destacable, senón por aspectos que non son nova, pero que marcan un contínuo aproveitable, un respiradoiro no medio do fragor das outras novas que marcan o día a día. Ese é o sentido da foto que amoso…

  • Hoxe, 20180524, pleno

    Non o procures na web do concello. Tes que ir alí e mirar entre os múltiples papeis diversos  para atopar a convocatoria. Unha convocatoria que inclúe a aprobación de dúas actas, unha expropiación forzosa en Ove para un depósito de auga e outra nas Aceas para o paseo peonil. A revotación cunha variación mínima do…

  • Do aforro de auga, por Iván Rodríguez Lombardero

    CC by 2.0. Autor: Angie de Sawara, Chiba-ken, Japan A auga é un elemento da natureza cun papel moi relevante nos ecosistemas. Imprescindible para a vida, é axente de erosión e transporte de sedimentos e nutrintes desde o continente cara ó mar, sen os que non sería posible nin o mantemento das praias nin o…