Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: arquitectura

  • Reconfigurando Ribadeo

    Todos lembramos, por aínda recente, os momentos nos que Santa Cruz ofrecía unha vista de máis de vinte grúas en funcionamento na zona de Ribadeo. Nalgún momento teño contado ata case trinta. Hoxe non é así, e a cousa redúcese a un par ou pouco máis. E houbo un desprazamento dos lugares afectados. Hoxe faise…

  • A autovía e Ribadeo, 16 anos atrás

    Outros papeis máis. 16 anos atrás eran nova nos xornais, e fíxenme cuns planos. Os planos das posibilidades da autovía, das rutas que estaban naquel entón sendo estudadas especifican ó seu pé ‘marzo de 2000’. Mirados dende hoxe, ofrecen esas posibilidades en retrospectiva. Unhas posibilidades que non contemplaban as glorietas de Vilaselán (folla 1, e…

  • O combate dos canapés

    Primeiro,tres fotos antigas que recollín na rede: Entrada de Ribadeo dende o que sería o centro dos canapés. Anos ?. Collida de http://centros.edu.xunta.es/iesgamallofierros/webantiga/ha_ies.htm O parque do Xardín, cos canapés. De http://ribadeo-eo.blogspot.com.es/2008/11/fotos-vellas-de-ribadeo-ii.html Un pouco máis preto que a anterior, os canapés. Ligada en http://cabaretvoltaire.canalblog.com/archives/2011/07/30/21703124.html Eso era o pasado. Agora, mira esta serie de fotos de onte…

  • Hai vinte anos, os nomes das rúas de Ribadeo

    Coñeces os nomes das rúas de Ribadeo? Non se trata só de que asocies o nome cun determinado lugar, senón de que asocies o lugar co significado do nome… Hai vinte anos, da man de Suso Fernández Acevedo, e coa colaboración doutros profesores, un grupo de alumnos do IB de Ribadeo colaborou para facer unha…

  • Unha publicación desapercibida sobre a Torre dos Moreno

    ‘A Torre dos Moreno en Ribadeo, Lugo. Exemplo singular de casa indiana en Galicia‘, de Diego Rodríguez Paz, é unha publicación que corresponde ás actas dun congreso en Portugal (‘Casa nóbre, un patrimonio para o futuro’) que tivo lugar no outono de 2013, e que se involucra nunha descriciòn de diversas facetas do edificio insignia…

  • A ADUANA VELLA DE RIBADEO. Artigo de Francisco José Campos Dorado

    En Ribadeo hai varias casas blasonadas, esto é, con escudos de armas nalgunha das súas paredes cos blasóns da linaxe que pertenceron ó señor que as mandou construir. Unha delas é a chamada Aduana Vella sita no muelle de Porcillán. Este vetusto edificio, con dous amplos balcóns en voladizo sobre a fachada que resaltan o…

  • AS FONTES DE WALLACE E A TORRE DOS MORENO, Artigo de Pancho Campos

    En 1870, Napoleón III, viu que París despedía un olor nauseabundo debido o abandono dos servicios públicos. Paris necesitaba, principalmente, abastecemento de auga para que os seus cidadáns a converteran nunha cidade salubre, habitable e relucente. Grazas á colaboración de filántropos ricos como Sir Richard Wallace que decidiron gastar as súas fortunas en obras sociais,…

  • Ribadeo en venda

    Van dez anos dende a publicación de ‘Ribadeo falls‘, sobre o que daquela chamei as ‘casas caíntes de Ribadeo’ (tamén daquela no xa extinto ‘publicado en Ribadeo’). Moito teñen cambiado algunhas cousas no noso pobo. Moi poucas daquelas ‘casas caíntes’ seguen hoxe en estado de ruína, aínda que non estaban todas as que eran, e…

  • Decoración semiobrigada

    Volvo de novo a fotografar as alturas da rúa Ramón González, con motivo parello a algunha vez anterior (dende que escribín ‘tres puntos negros‘ xa voltei facelo sobre este mesmo tema). É un motivo pequeno, os paxariños que se acumulan nunha casa, e os efectos que producen, que os veciños tenten que os paxaros non…

  • Contribucións para unha historia da Ponte dos Santos

    Procurando acubillo á sombra da Ponte dos Santos. Foto de G. Gómez. Nestes día reavivouse a polémica sobre a falta de luz na Ponte dos Santos a raíz do reenvío de cartas ás seccións asturiana e galega de estradas do Estado sobre as consecuencias que pode ter a obscuridade ó atravesar a ponte. Fíxome pensar…