Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.552 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: arquitectura

  • Decoración semiobrigada

    Volvo de novo a fotografar as alturas da rúa Ramón González, con motivo parello a algunha vez anterior (dende que escribín ‘tres puntos negros‘ xa voltei facelo sobre este mesmo tema). É un motivo pequeno, os paxariños que se acumulan nunha casa, e os efectos que producen, que os veciños tenten que os paxaros non…

  • Contribucións para unha historia da Ponte dos Santos

    Procurando acubillo á sombra da Ponte dos Santos. Foto de G. Gómez. Nestes día reavivouse a polémica sobre a falta de luz na Ponte dos Santos a raíz do reenvío de cartas ás seccións asturiana e galega de estradas do Estado sobre as consecuencias que pode ter a obscuridade ó atravesar a ponte. Fíxome pensar…

  • Unha visita ó Salón de Plenos do concello de Ribadeo

    A cámara lenta, aquí deixo o que recollín o outro día mentras esperaba. Ten mala calidade, pero supoño que dará pé a que alguén o recolla mellor ca min. Polo momento, para un día de Nadal, coido que vai ben o coñecelo, aínda que só sexa no seu aspecto ‘turístico’, aínda que me gustaría pensar…

  • Adornos de Nadal en Ribadeo. 2015-2016

    A árbore da Praza de San Roque é única. De día ten outro aspecto… Os adornos de rúa máis próxima a el tamén son árbores.  E a seguinte, a R. Rosalía. Na Avda. de Galicia son campanas. A solitaria estrela de Viejo Pancho… … contrastaba coas moitas e faroleiras estrelas de neve noutros lugares. E…

  • Catastreando por Ribadeo e España enteira

    Dende hai un tempo comezou o tema: 60 € pedidos de pronto, sen ter nin a quen reclamar. Pouco a pouco foi sabéndose a cuestión: non era un imposto reclamado por non telo feito con anterioridade, nin un novo imposto, senón algo imposto para poder variar o imposto asociado ó valor catastral dos inmobles. Está…

  • En lembranza dun oco (e outro)

    Un oco na estrutura urbana de Ribadeo está a ser cerrado. No comezo da Avda. de Galicia, unha obra estase a comer un solar valado dende hai tempo cunha pequena franxa que chega ata o mercado. aí había algunha construción, terra abandoada, algunha árbore (máis ben arbusto) e mesmo unha planta invasora, o ‘plumeiro da…

  • 300 m2 para un Ribadeo diferente

    Ó saír da biblioteca Viejo Pancho e subir cara o centro do pobo vese unha pintura na beira dunha casa, sobresaíndo por riba do tellado de outra, que chama a atención e xa foi tratada algunha vez no blog. Esta pequena mostra de arte leva aí máis de cinco anos. Agora, nunha liña parella, pero…

  • Queres consultalo? PXOM de Ribadeo

    Nunha visita á web do concello fíxome que xa está dispoñible de novo (non sei o tempo que leva así) o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Pódese acceder dende a web do concello ou ir dende aquí mesmo, premendo na ligazón. Aínda que só sexa para telo a man, para facer algunha consulta curiosa ou…

  • Coñece Ribadeo

    Hai programadas actividades de coñecemento de Ribadeo. Están orientadas ó turismo, pero, por que non aproveitalas a mesma xente de Ribadeo? Unhas destas actividades foron presentadas onte, as xeorutas, unha, para coñecer a xeoloxía da zona das Catedrais, e outra, relacionada coa actividade na zona de Rinlo. As xeorutas comezarán a desenvolverse o 15 de…

  • Unha visita “inesperada”

    Hoxe visitei Mondoñedo. Un paseiño de vagar polas súas rúas cargadas de historia sempre ven ben. Resulta que tiña tempo e vinme forzado a usar a vella N634. O motivo? O Fiouco, claro, estaba pechado ó tráfico. Gústanme os paseos por Mondoñedo, e desta, non me importou, mesmo agradecín a desviación. Outras veces é ben…