Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: arquitectura

  • Peprich

    Unha nota de prensa de onte, que deixo embaixo, da que se fan eco os xornais de hoxe, da conta dun fito no PEPRICH de Ribadeo. Coido que o primeiro é deixar claro que é o PEPRICH: Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Conxunto Histórico. Enténdese que algo así como un PXOM máis…

  • Tobogán a Cabanela

    Onte pasei por Cabanela. Dixéronme dunha obra que se estaba a facer alí, e si, é unha Obra, grande. A zona quedará transformada, posta ó día, aínda que non se actúe sobre a zona da baixada á casa do bispo. O resultado desa posta, descoñézoo. E, mellor que comentar, as fotos dan unha idea da…

  • A próxima semana, pleno

    Iso é o que se deduce da nota de prensa que liberou o concello, na que se indicaba que mañá xoves haberá comisión informativa previa. Ou sexa que, aínda que de xeito indirecto, sabemos que a próxima semana será o pleno ordinario que se realiza cada dous meses, en mes impar, estes últimos tempos, de…

  • Ruinas non, patrimonio

    Esta semana chegaron a min varias novas sobre conservación de patrimonio, en Ribadeo e en Barreiros. Patrimonio que non se circunscribe á natureza, caso das famosas Catedrais que tamén variaron como escenario esta semana (tanto a nivel legal como de rodaxe). E é que a Deputación Provincial tivo pleno o martes e aprobou, entre outras…

  • Cagadas sobre branco

    Amence un luns luminoso. Tiña pensado unha serie de fotos e sons, pero o tempo… Quedan como mostra tan só as nubes desta mañá e as cagadas sobre brando da fachada do edificio recén refeito na Praza de España (o do antigo Cubano) recollidas onte: Para comezar a semana…

  • ESCUDO DA CASA DE CRISTOS. Francisco José Campos Dorado

    Á beira da estación de autobuses, baixando pola estrada que vai a Vilaselán, no barrio das Barreiras, atopamos a Casa de Cristos, unha ampla casa solarega cun hórreo típico de Ribadeo unido á estancia principal por un corredor-ponte sobre un portón de entrada que da acceso ó que deberon de ser as cuadras e a…

  • Rotonda

    Ben, xa está. A residencia de maiores ribadense terá anexa unha rotonda. Polo que parece, ‘necesitábase‘: A rotonda leva implícita o facer máis roma a esquina, claro. De calquera xeito, a nota de prensa coido que era para outra cousa: ante o incumprimento da Xunta, que non da os cartos despois de prometelos como xa…

  • Celebrando o día das letras galegas na práctica

    Coido que o mellor xeito de celebrar o día das letras galegas é usando a lingua e dándolle novas oportunidades, ampliando o seu campo, facendo ‘patria lingüística’. Como fai por exemplo Pancho Campos descubrindo un pouco da historia de Ribadeo no seguinte artigo. “CASA BRASONADA DO PARQUE DE RIBADEO Francisco José Campos Dorado O escudo…

  • CASA DA RÚA ENXEÑEIRO SCHULZ, por Francisco José Campos Dorado

    Á metade da rúa a man esquerda segundo se baixa desde a Amando Pérez cara a rúa Viejo Pancho e Antonio Otero, atopamos unha casa blasonada cun antigo escudo de armas. Está realizado nunha pedra enroxecida, posiblemente pola cantidade de anos que estivo sometido as goteiras do canalón a traverso dos crampóns de ferro, pero…

  • Avance das obras na r/Paco Lanza

    Dende a Avenida de América á Alfredo Deaño: ese é o tramo da rúa Paco Lanza que se está vendo afectado por obras na beirarúa. Mellor, deberamos dicir, a beirarúa correspondente á residencia de maiores, aínda que tamén colle un tramo do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Comezaron o día 19 a preparar: Foto tomada…