-
O PXOM de Ribadeo, revisitado
Antonte houbo unha xuntanza entre os representantes políticos ribadenses. Un resultado coñecido pola prensa amplía o prazo de exposición pública e alegacións ó PXOM un mes. Coido que é unha boa nova, que xa se deixou entrever hai tempo neste mesmo blog, e que da lugar a unha mellor análise. A nova vése completada cunha…
-
Recuperando a ponte dos Santos
Pola prensa entérome de algo que esperaba e ó tempo temía que non fora: a ponte dos Santos, sobre a ría de Ribadeo, a que fora asinada no último Consello de Ministros de Calvo Sotelo, sendo Antonio Martínez alcalde, terá, está comezando a ter, paso de peóns nos 25,25m de anchura que leva. É dicir,…
-
Iniciativas
Despois do multitudinario enterro de onte, óense máis algunhas iniciativas e ponderacións. Dende unha estatua ó cambio do nome da ponte dos Santos, dende dicir que foi o mellor alcalde de Ribadeo a que nunca lle pagaremos o que fixo polo pobo. As críticas, nestes momentos, non se din máis que en ambientes cerrados, como…
-
Chan rústico de protección de augas
Si, haberá que protexelas: na imaxe de O Valín- A Capela- a Pastoriza, o S.R.P.Ag que aparece, atravesando a imaxe dende a parte superior dereita ata o centro de abaixo, inclúe o depósito de residuos, prácticamente onde está sinalado o rótulo. Engado tamén o polígono industrial. Non porque teña nada de especial (quizáis o que…
-
1º de maio e urbanismo.
Vale, hoxe é primeiro de maio. É cousa de lembrar que a loita dos traballadores polo control das nosas vidas, e conmemoralo. Pero pode que o mellor xeito de facelo sexa precisamente traballando nesa loita. Como os gandeiros estes días, coa manifestación en Santiago. Ou nas xuntanzas mantidas ontes sobre o plan urbanístico de Ribadeo,…
-
Un pouco de relaxo despois do post anterior
A modo de relaxo do post anterior sobre a construcción da nave en Mirasol, tentando de sorrir, cargo unha imaxe do plan, sobre o planeamento dos concellos limítrofes, di. Trátase da zona límite con Barreiros; está sinalado o Comado cun punto vermello, e, en pleno concello de Barreiros, na parte superor da imaxe, un pequeno…
-
Para coñecer Ribadeo: se non te entenden, confúndeos
Se non te entende, confúndeos. Unha frase que escoitei como consello dun terceiro ó meu interlocutor hai cousa dunha semana. Parece escollida para tratar algunha cousa do PXOM, que por outra parte ten apartados que son ilustrativos, parecendo aqueles vellos cadernos de hai unhas dúas décadas, coido que titulados ‘Para coñecer Ribadeo: A Vila’ e…
-
Botando contas
Remato de ler que as multas a construtores en Ribadeo foron acollidas con ‘sorpresa e recelo’. Non podía ser doutro xeito cando, a máis de ser a quen se lle impoñen, están afeitos a que non pase nada e non dan crido que agora si poda pasar. O ver unha multa de 57.000€ (nove millóns…
-
Documentos
Cargo a nota de prensa do concello de Ribadeo correspondente á nova de hoxe nos xornais: a multa a varios construtores por infracción urbanística (a lembrar que clicando sobre a imaxe pode verse soa e logo, ampliada). Non a comento, pois coido que se comenta ela soa despois de ter feito varias entradas sobre o…
-
Interrupción do embarazo? A xestación do plan urbanístico de Ribadeo, lista para interrupción
Onte xurdiu, de mans de UPRi, unha nova dúbida sobre o proceder do goberno municipal, como estaba anunciado e coas salvagardas que expresei no anterior post. Di Francisco Rivas que non se entregou toda a documentación, en concreto, os planos de detalle dos núcleos rurais, escamoteándoos ó longo de todo o proceso, incluída aprobación inicial,…