Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.538 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: arquitectura

  • Unha nota de prensa sobre o ARI de Rinlo

    Xa que hai días nos que a web do concello non se actualiza coas novas propias do concello (como sinalei por exemplo, no comentario ó post anterior), deixo unha nova nota para darlle difusión; non sei como a tomarán algúns colectivos, como ‘Rinlo bai‘. VIVENDA APROBOU DEFINITIVAMENTE A DECLARACIÓN DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL PARA…

  • Unha ponte para Ribadeo

    “Jueves 7 de febrero de 1884. Puente de Ribadeo. Dice El Hermandiño, de Mondoñedo, que merced a las gestiones hechas por Ventura Olabarrieta, han sido aprobados por la Dirección General de Obras Públicas los estudios del puente que debe unir Ribadeo con Castropol.” La Voz de Galicia 7/2/2009, p.16-Opinión. Hemeroteca. Anotacións: El Hermadiño: diario de…

  • A ponte dos Santos

    Coido que aínda que son incompletas, a mellor forma de agradecer estas imaxes que me chegaron da ampliación da ponte dos Santos é publicalas (lembro que se poden aumentar clicando sobre elas). … se pode ser, seguirá a serie sobre a ‘nova ponte’ máis adiante.

  • Confirmación

    Si, o luns tratarase o plan sectorial no pleno de Ribadeo a pesares de que a nota de prensa do concello non falaba nada del. Foi unha ausencia que me chamou e segue a chamarme a atención. A moción foi presentada pola oposición; quizáis foi ise o motivo de que non se tratara na nota…

  • Solucións parciais

    Parcial ven de parte. E solución parcial pode entenderse de varios xeitos. Por exemplo, como solución ‘dunha parte’ do conxunto do problema ou solución ‘para unha parte’ das afectadas polo problema. No primeiro caso, a solución pode ser incompleta, pero é obxectiva. No segundo, a solución é subxectiva, dependendo de se o/a afectado ve unha…

  • Xuntanza na casa da Xuventude. Tema: Plan Sectorial

    Fágome eco da convocatoria dunha xuntanza para o plan sectorial ás 5 desta tarde na casa da Xuventude. O plan está a levantar ampollas… e el e outros plans seguirán a facelo mentres non se conte máis coa xente neste país. Seguiremos a escoitar falar del. A parte da entrada que teño prometida, O Tesón…

  • Sobre o plan sectorial galego de solo residencial en Ribadeo

    Onte, xoves, asistín ó debate en Onda Cero. Un dos temas era o Plan Sectorial. En curto tempo non deu lugar a máis que reseñar algúns puntos, como o alonxamento dos viciños da redacción do plan ou que sexa un plan redactado nun estudo sen pisar sobre o terreo. Pola miña parte, xa levo deixado…

  • De resaca

    Hoxe as novas son da resaca do fin de ano. Parece que en Ribadeo non houbo nada grave que reseñar, nin nada anormal: segue sendo normal o horario dos fins de ano. O coche que ardeu fronte ó Gamallo Fierros, unha excepción da normalidade, pero nada máis. E a petición para o alongamento do prazo…

  • A voltas co plan sectorial

    … agora resulta que todo o mundo, incluído o alcalde (grupo de goberno) alegará ó plan que antes defendía (ou iso dicía). Será ‘só’ cousa de que hubera unha manifestación diante do concello o sábado? (a parte de que houbera pouca información e que os cartos sexan poucos?) A foto, un dos lugares que sufriría…

  • Plan sectorial e manifestación

    Despois da entrada sobre o tema, deixo unha ligazón sobre a manifestación desta mañá e algún comentario máis. Xa veremos tamén o que sae na prensa. Porque hoxe saiu por exemplo, isto. E paréceme pouco adecuado que un alcalde tente substituír un apoio ós necesitados de pisos (aínda que poida que nonesteña moi ben deseñado)…